Selección de rugby de España
| España Rugby | |||
|---|---|---|---|
| Alcume(s) | XV do León | ||
| Emblema | León | ||
| Unión | Federación Española de Rugby | ||
| Adestrador | Pablo Bouza | ||
| Capitán | Mario Pichardie | ||
| Mais caps | Francisco Puertas (93) | ||
| Máis ensaios | César Sempere (31) | ||
| Estadio | Central (8000) | ||
| |||
| Ranking World Rugby | |||
| Actual | 15 (2022) | ||
| Máximo | 15 (2022) | ||
| Mínimo | 32 (2005) | ||
| Estrea internacional | |||
| España Barcelona, España; 20 de maio de 1929 | |||
| Maior vitoria | |||
| España Madrid, España; 2 de abril de 1995 | |||
| Maior derrota | |||
| España Madrid, España; 1 de setembro de 2001 | |||
| Copa do Mundo | |||
| Participacións | 1 (1999) | ||
| Mellor resultado | Fase de grupos (1999) | ||
A Selección de rugby de España é o equipo que representa á Federación Española de Rugby nos encontros oficiais organizados pola federación internacional World Rugby e pola federación europea Rugby Europe. O equipo recibe o alcume de XV do León, en referencia ó escudo da federación. Santiago Santos é o seleccionador español dende xullo do ano 2013.[1]
A selección participa anualmente no Campionato de Rugby Europe que ten lugar nos meses de febreiro e marzo, e tamén nos tests internacionais de xullo e novembro. O Campionato de Rugby Europe é a máxima competición continental a nivel de seleccións á marxe do Torneo das Seis Nacións (Inglaterra, Escocia, Gales, Irlanda, Francia e Italia) que se disputa paralelamente nas mesmas datas. O Campionato de Rugby Europe serve ademais de clasificatorio para a Copa do Mundo de Rugby que ten lugar cada catro anos. A selección de rugby de España acadou a súa única clasificación para a Copa do Mundo do ano 1999, sendo eliminada na fase de grupos.
A selección de rugby de España forma parte do Tier 2 ou segundo nivel do rugby internacional. En 2022 o equipo ocupa o posto 15º na clasificación mundial de seleccións de rugby.[2]
O XV do León xoga a maioría dos seus encontros como local no Central, un estadio con capacidade para unhas oito mil persoas, pertencente á Universidade Complutense de Madrid.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Partidos da selección de rugby de España.
Inicios
[editar | editar a fonte]A selección española xogou o seu primeiro encontro internacional o 26 de maio de 1927 en Madrid fronte a unha selección francesa, caendo por 6-66 no Estadio Metropolitano.[4] Aquel foi un encontro de exhibición no que a selección española era en realidade unha selección castelá, salientando a ausencia dos mellores xogadores cataláns, cando daquela Cataluña era a rexión de España na que o rugby estaba máis desenvolvido. O encontro non foi organizado pola entón chamada Federación Nacional Española de Fútbol Rugby, senón por membros da castelá. Os xogadores pertencían ó Athletic de Madrid, Real Madrid FC, RS Gimnástica Española e Cataluña RC. Xogaron aquel encontro: Wolf; López Bosch, San Basilio, Cavillón, Pedraja; E.Simón, Muñoz; Farando, Ferreras, Vázquez; Larrañaga, Palomino; Ganzedo, R.Simón, Candela.
O 8 de abril de 1928 disputouse un segundo encontro entre unha selección francesa e a española, nesta ocasión no Parc Lescure de Bordeos, que rematou coa vitoria local por 53-5.[5] España formou con: Garrigosa; Vázquez, Bisbal, Rues, Aiximeno; Blasco, Isart; Baides, Ferreras, Blanquet; Carreras, Aguilar; Artigas, Larrañaga, Ruíz. Ese mesmo día a selección francesa absoluta xogou en París fronte a Gales un encontro correspondente ó Torneo das Cinco Nacións, de xeito que o equipo que se enfrontou á selección española era un "equipo B", como en 1927.
É por iso polo que o primeiro encontro da selección española considerado oficial foi o xogado en Barcelona o 20 de maio de 1929, co gallo da estrea do Estadio de Montjuic, fronte á selección italiana absoluta, na que España gañou por 9-0[6] cun equipo formado totalmente por xogadores do FC Barcelona e a UE Santboiana. Xogaron aquel encontro: Vilaspasa; Bisbal, Garrigosa, Rues, Deu; Blasco, Isart; Sarda, Massoni, Baides; Carreras, Aguilar; Nubials, Ruiz, Fontanella.
Se o encontro fronte a Italia rematou coa primeira vitoria oficial da historia da selección española de rugby, a primeira derrota oficial foi a encaixada fronte a Alemaña uns días despois, o 9 de xuño de 1929, nun encontro disputado tamén en Barcelona, pero nesta ocasión no Estadio de Les Corts, e que rematou cun 15-24 a prol dos visitantes.[7] Naquel encontro xogaron: Vilaspasa; Sabrás, Bori, Garrigosa, Bisbal; Blasco, Ros; Baides, Deu, Massoni; Aguilar, Carreras; Fusté, Ruiz, Fontanella.
Palmarés
[editar | editar a fonte]España na Copa do Mundo de Rugby:
| Edición | Partidos | Gañados | Empates | Perdidos | Tantos anotados | Tantos encaixados | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Non convidada | |||||||
| Non clasificada | |||||||
| 3 | 0 | 0 | 3 | 18 | 122 | ||
| Non clasificada | |||||||
| Total | 3 | 0 | 0 | 3 | 18 | 124 | |
España no Campionato de Rugby Europe:
| Edición | División | Partidos | Gañados | Empates | Perdidos | Tantos anotados | Tantos encaixados | Puntos | Posición |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2000 | 1ª | 5 | 2 | 0 | 3 | 109 | 105 | 9 | 4º |
| 2001-02 | 1ª | 10 | 3 | 0 | 7 | 246 | 247 | 16 | 4º |
| 2003-04 | 1ª | 10 | 0 | 1 | 9 | 129 | 335 | 11 | 6º |
| 2004-06 | 2ª | 8 | 7 | 1 | 0 | 364 | 87 | 23 | 1º |
| 2007-08 | 1ª | 10 | 4 | 0 | 6 | 233 | 240 | 18 | 4º |
| 2008-10 | 1ª | 10 | 2 | 0 | 8 | 145 | 304 | 14 | 5º |
| 2010-12 | 1ª | 10 | 5 | 0 | 5 | 225 | 275 | 26 | 3º |
| 2012-14 | 1ª | 10 | 2 | 2 | 6 | 159 | 243 | 15 | 4º |
| 2014-16 | 1ª | 10 | 4 | 1 | 5 | 232 | 207 | 23 | 4º |
| 2017 | 1ª | 5 | 3 | 0 | 2 | 91 | 54 | 13 | 3º |
| 2018 | 1ª | 5 | 3 | 0 | 2 | 146 | 74 | -7 Sanción | 5º |
| 2019 | 1ª | 5 | 4 | 0 | 1 | 127 | 75 | 18 | 2º |
| 2020 | 1ª | 5 | 3 | 0 | 2 | 103 | 93 | 13 | 2º |
| 2021 | 1ª | 5 | 2 | 0 | 3 | 164 | 109 | 7 Sanción | 5º |
| 2022 | 1ª | 5 | 4 | 0 | 1 | 170 | 135 | 12 Sanción | 3º |
Xogadores
[editar | editar a fonte]

Xogadores con máis encontros
[editar | editar a fonte]A seguinte lista é unha relación de xogadores da selección de rugby de España que teñen participado en 50 ou máis partidos internacionais segundo o anuario actualizado que publica a Federación Española de Rugby.[8]
| Xogador | Posicións | Data nacemento | Caps |
|---|---|---|---|
| Francisco José Puertas Soto | 15, 10, 14 | 18/11/1963 (62 anos) | 93 |
| Jaime Nava de Olano | 8, 12, 14, 10 | 01/05/1983 (43 anos) | 79 |
| Jon Azkargorta Aretxabala | 12, 13, 14, 11, 15 | 03/05/1963 (63 anos) | 76 |
| José Julio Álvarez Ruiz de Temiño | 1 | 03/11/1960 (65 anos) | 75 |
| Alberto Malo Navío | 6, 8, 4, 5, 7 | 03/04/1964 (62 anos) | 74 |
| Álvar Enciso Fernández Valderrama | 12, 13, 11, 10 | 27/02/1974 (52 anos) | 70 |
| Pablo Feijoo Ugalde | 9 | 18/05/1982 (44 anos) | 66 |
| Salvador Torres Ortega | 12, 13, 11, 14 | 22/08/1956 (69 anos) | 60 |
| Jaime Gutiérrez Merelles | 7, 8, 6 | 28/12/1967 (58 anos) | 60 |
| Fernando Martín López Pérez | 1 | 14/03/1986 (40 anos) | 60 |
| Manuel Moriche Mostajo | 10, 12 | 06/08/1950 (75 anos) | 59 |
| Javier Díaz Paternaín | 9 | 17/01/1960 (66 anos) | 59 |
| Ferrán Velazco Querol | 15, 13, 11, 10 | 23/06/1976 (49 anos) | 59 |
| Javier Salazar Lizarraga | 1, 3 | 27/07/1977 (48 anos) | 59 |
| César Sempere Padilla | 15, 13, 10 | 26/05/1984 (42 anos) | 56 |
| Jesús Moreno Rodríguez | 3 | 24/01/1986 (40 anos) | 53 |
| Fernando de la Calle Pozo | 2, 9 | 08/06/1970 (56 anos) | 52 |
| Iván Criado Garachana | 8, 6, 7, 4 | 28/12/1979 (46 anos) | 52 |
| Sergio Souto Vidal | 5, 4, 6, 8 | 04/11/1976 (49 anos) | 51 |
| Alfonso Mata Suárez | 8, 7 | 14/03/1973 (53 anos) | 50 |
| Carlos Souto Vidal | 6, 7, 8, 5 | 04/11/1976 (49 anos) | 50 |
| Javier Canosa Schack | 13, 12 | 28/02/1983 (43 anos) | 50 |
- Actualizado o 20 de novembro de 2022.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Santiago Santos ya es el nuevo seleccionador del 'XV del León', artigo de Marca (en castelán)
- ↑ Ranking de seleccións da World Rugby Arquivado 11 de marzo de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Imaxe do estadio Central na web da Universidade Complutense de Madrid
- ↑ Crónica do España-Francia do 26 de maio de 1927 na hemeroteca do xornal ABC Arquivado 16 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Crónica do Francia-España do 8 de abril de 1928 na hemeroteca do xornal El Mundo Deportivo (en castelán)
- ↑ Crónica do España-Italia do 20 de maio de 1929 na hemeroteca do xornal El Mundo Deportivo (en castelán)
- ↑ Crónica do España-Alemaña do 9 de xuño de 1929 na hemeroteca do xornal El Mundo Deportivo. (en castelán)
- ↑ Palmarés de xogadores da Federación Española de Rugby (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Selección de rugby de España |