División de Honra B de Rugby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A División de Honra B é a segunda división do rugby español, organizada pola Federación Española de Rugby. A competición conta con 36 equipos divididos en tres grupos xeográficos de 12 equipos cada un para facilitar o desprazamento dos equipos. O grupo A aglutina aos equipos do norte de España, o grupo B aos equipos da costa mediterránea e o grupo C aos equipos do sur e de Madrid.

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

A División de Honra B naceu na tempada 1998-1999, ocupando o segundo nivel do sistema de ligas nacionais de rugby que ate entón lle pertencía á Primeira Nacional. Dende entón pasou por varios formatos e sistemas de competición.

O vixente sistema de competición consiste nunha liga regular de de 22 xornadas na que os 12 equipos de cada grupo xogan entre si dúas veces, unha como anfitrións e outra como visitantes. Trala fase de liga regular, os oito mellores equipos da categoría pasan a disputar a fase de ascenso á División de Honra A, que consiste en eliminatorias directas con encontros de ida e volta (cuartos de final, semifinais e final). Os oito equipos son os dous primeiros de cada grupo máis os dous mellores terceiros (por puntos).

O gañador da final é o único equipo que acada o ascenso directo, mentres que o outro equipo finalista aínda ten a oportunidade de ascender nunha eliminatoria de promoción na que se enfronta ó penúltimo equipo da máxima categoría.

Sistema de puntuación[editar | editar a fonte]

  • Cada vitoria suma 4 puntos.
  • Cada empate suma 2 puntos.
  • Catro ensais nun partido suman 1 punto de bonus.
  • Perder por unha diferenza de sete puntos ou inferior suma 1 punto de bonus.

Tempada actual[editar | editar a fonte]

POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. CUARTOS DE FINAL Galicia Ourense 5 1 1 0 0
2º. CUARTOS DE FINAL Flag of the Basque Country.svg Eibar 5 1 1 0 0
3º. PERMANENCIA Flag of the Basque Country.svg Getxo 4 1 1 0 0
4º. PERMANENCIA Flag of the Basque Country.svg Uribealdea 4 1 1 0 0
5º. PERMANENCIA Galicia CRAT 4 1 1 0 0
6º. PERMANENCIA Castela e León VRAC B 0 0 0 0 0
7º. PERMANENCIA Castela e León El Salvador B 0 0 0 0 0
8º. PERMANENCIA Flag of the Basque Country.svg Bera Bera 0 1 0 0 1
9º. PERMANENCIA Flag of the Basque Country.svg Zarautz 0 1 0 0 1
10º. PERMANENCIA Cantabria Santander 0 1 0 0 1
11º. PROMOCIÓN Flag of the Basque Country.svg Durango 0 1 0 0 1
12º. DESCENSO Galicia Vigo 0 1 0 0 1
POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. CUARTOS DE FINAL Aragón Fénix 5 1 1 0 0
2º. CUARTOS DE FINAL Flag of the Valencian Community (2x3).svg Les Abelles 5 1 1 0 0
3º. CUARTOS DE FINAL Flag of the Valencian Community (2x3).svg Valencia 5 1 1 0 0
4º. PERMANENCIA Illas Baleares Babarians 5 1 1 0 0
5º. PERMANENCIA Flag of the Valencian Community (2x3).svg CAU Valencia 4 1 1 0 0
6º. PERMANENCIA Cataluña L'Hospitalet 1 1 0 0 1
7º. PERMANENCIA Cataluña Poble Nou 1 1 0 0 1
8º. PERMANENCIA Cataluña Sant Cugat 0 0 0 0 0
9º. PERMANENCIA Cataluña Santboiana B 0 0 0 0 0
10º. PERMANENCIA Flag of the Valencian Community (2x3).svg Tatami 0 1 0 0 1
11º. PROMOCIÓN Cataluña BUC 0 1 0 0 1
12º. DESCENSO Flag of the Valencian Community (2x3).svg Montcada 0 1 0 0 1
POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. CUARTOS DE FINAL Andalucía Ciencias 5 1 1 0 0
2º. CUARTOS DE FINAL Comunidade de Madrid Industriales 5 1 1 0 0
3º. CUARTOS DE FINAL Comunidade de Madrid Liceo Francés 5 1 1 0 0
4º. PERMANENCIA Comunidade de Madrid Arquitectura 5 1 1 0 0
5º. PERMANENCIA Andalucía Jaén 5 1 1 0 0
6º. PERMANENCIA Andalucía Marbella 5 1 1 0 0
7º. PERMANENCIA Comunidade de Madrid Cisneros B 1 1 0 0 1
8º. PERMANENCIA Andalucía Almería 0 1 0 0 1
9º. PERMANENCIA Comunidade de Madrid Alcobendas B 0 1 0 0 1
10º. PERMANENCIA Comunidade de Madrid Olímpico 0 1 0 0 1
11º. PROMOCIÓN Comunidade de Madrid CRC 0 1 0 0 1
12º. DESCENSO Estremadura Cáceres 0 1 0 0 1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]