Selección de rugby de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Portugal
Escudo de camisola/Emblema da asociación
Alcume(s)Os Lobos
EmblemaEscudo portugués
UniónFederação Portuguesa de Rugby
AdestradorPatrice Lagisquet
CapitánSalvador Vassalo
Mais capsVasco Uva (101)
Máis ensaiosAntónio Aguilar (24)
EstadioEstádio de Honra (8 000)
Casa
Fóra
Ranking World Rugby
Actual24 (2 de decembro de 2019)
Máximo13 (2005)
Mínimo30 (2015)
Estrea internacional
Portugal Portugal 5−6 España España
Lisboa, Portugal; 13 de abril de 1935
Maior vitoria
Portugal Portugal 93−0 República Checa República Checa
Caldas da Rainha, Port.; 23 de marzo de 2019
Maior derrota
Portugal Portugal 13−108 Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia
Lión, Francia; 15 de setembro de 2007
Copa do Mundo
Participacións1 (primeira en 2007)
Mellor resultadoFase de grupos (2007)

A Selecção Portuguesa de Râguebi, tamén coñecida coma Os Lobos, representa a Portugal nas competicións internacionais desta modalidade deportiva. O seu primeiro partido foi disputado en 1935 ante a España. Nos últimos anos Portugal ten acadado resultados de relevo, como a vitoria no Torneo Europeo das Nacións de 2002-2004, ou a participación na fase final da Copa do Mundo de Rugby 2007. Estes bos resultados permitiron que a selección ascendese, a mediados de 2005, ao 13º lugar do ránking mundial de World Rugby. A selección portuguesa forma parte do grupo de países incluídos na segunda división do rugby a nivel mundial.

Competicións[editar | editar a fonte]

Torneo Europeo das Nacións[editar | editar a fonte]

Portugal tivo un éxito inesperado ao vencer no Torneo Europeo das Nacións de 2002-2004. Os portugueses mantiveron os bos resultados nos anos seguintes, tendo acabado en terceiro lugar na edición de 2004-2006, o que abriu o camiño para o acceso, por primeira vez, á Copa do Mundo de Rugby de 2007. Portugal participou na edición 2008-10, que permite igualmente a clasificación para o Campionato do Mundo de 2011 en Nova Zelandia.

Ano X V E D +/- Pts Pos
2000 4 1 0 3 65-97 5 4.º
2001 5 1 0 4 77-165 7 5.º
2001-02 10 3 0 7 170-295 16 5.º
2003-04 10 9 0 1 245-180 28 1.º
2005-06 10 6 1 3 23 3.º
2007-08 10 3 0 7 174-196 20 5.º

Copa das Nacións[editar | editar a fonte]

Portugal participou en 2006 na primeira edición da Copa das Nacións da IRB, enfrontándose á Rusia, á Arxentina A e á Italia A. A Copa das Nacións da IRB é un evento anual de nivel medio organizado pola IRB con seleccións internacionais.

Partidos de Portugal:

Os partidos foron disputados no Estádio Universitário de Lisboa.

Copa do Mundo de Rugby[editar | editar a fonte]

Portugal clasificouse por primeira vez, e de xeito sorprendente, na a Copa do Mundo de rugby de 2007, organizada por Francia e Gales, logo de ser repescada tras vencer ás seleccións de Marrocos e o Uruguai.

Partidos de Portugal:

Partidos Internacionais de novembro[editar | editar a fonte]

Ao igual que a meirande parte das seleccións da modalidade, a Selección Portuguesa de Rugby disputa partidos amigables de preparación fronte a seleccións do hemisferio Sur. Durante o mes de novembro de 2009.

Os partidos internacionais, designados "Super Bock Cup", tiveron lugar no Estádio Universitário de Lisboa. Os resultados foron os seguintes:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]