Fernando Calvet Prats

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Calvet Prats

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1903 Editar o valor em Wikidata
Vilafranca del Penedès, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xuño de 1988 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid (–1929)
Universidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Tese académica' (1929 Editar o valor em Wikidata)
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario , bioquímico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata


Fernando Calvet Prats,[1][2] nado en Vilafranca del Penedès o 22 de xaneiro de 1903 e finado en Barcelona o 16 de xuño de 1988, foi un bioquímico catalán, catedrático de química orgánica na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente primeiro catedrático de bioquímica na Universidade de Barcelona.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo o bacharelato en Reus onde se iniciou na que sería a súa profesión no Instituto de Química Aplicada dando clases de industrias químicas. Máis tarde estudou química na Universidade de Barcelona, onde se licenciou en xuño de 1923. A continuación comezou os estudos de doutoramento.

En 1925 recibiu unha bolsa de estudos da Real Academia de Ciencias Exactas, Física e Naturais de Madrid para unha estancia no Queen's College de Oxford onde traballou co doutor F.D. Chattaway. Estivo alí ata 1928, onde obtivo un doutoramento na universidade inglesa. Ao ano seguinte obtivo o título de doutor co traballo experimental realizado en Oxford sobre a condensación de fenol-aldehido, un proceso con aplicacións industriais na fabricación de baquelita.

Traballou como profesor auxiliar de química orgánica na Facultade de Ciencias da Universidade de Barcelona no curso 1928-1929. En 1929 acadou o grado de doutor en Ciencias Químicas pola Universidade de Madrid[3].

En 1929 obtivo unha bolsa de estudos da Rockefeller Foundation e foi a Múnic onde colaborou durante 15 meses con Heinrich Wieland no estudo das estruturas e propiedades dos alcaloides, como a estricnina, a brucina e a vomicina, publicando os seus descubrimentos en Liebigs Annalen no ano 1931.

En 1930 trasládase a Santiago de Compostela, onde obtivera a cátedra de química orgánica e bioquímica da Facultade de Ciencias e na estivo ata 1936.[4]Durante este período na universidade compostelá creou e dirixiu un instituto de investigación e organizou un servizo de análise elemental orgánico que foi usado por investigadores de varias universidades españolas.[4]En 1936 foi destituído da súa cátedra polo bando franquista debido á súa relación republicana e nacionalista, quedando mesmo preso en Tui cando intentou pasar a Galicia dende Portugal en 1938.

Calvet achegou un xeito europeo ás formas docentes, tanto nas relación cos alumnos como na incorporación do deporte, especialmente o rugby. Politicamente, uniuse ó nacionalismo galego e redactou un estatuto universitario[Cómpre referencia].

Durante a Guerra Civil marchou primeiro a Estocolmo en 1936 con outra bolsa de estudos da Rockefeller Foundation, onde traballou con Hans von Euler-Chelpin no instituto de bioquímica de Estocolmo, comezando deste xeito nesta especialidade, cos estudos sobre as deshidroxenasas da fermentación alcólica.[4] Durante o curso 1937/38 foi contratado como profesor de clases prácticas pola universidade de Edimburgo. Alí investigou sobre os alcaloides do senecio en colaboración con George Barger.[4]

De volta en Galicia tralo remate da guerra foi depurado polo réxime e tivo que acudir ó sector privado, onde fundou e dirixiu o Instituto de Bioquímica Miguel Servet[Cómpre referencia] de Vigo, colaborando coa compañía química Zeltia, onde chegou a ser director técnico.[3] Esta empresa fora creada no Porriño, do mesmo xeito que outros científicos perdoados polo réxime como Isidro Parga e Faustino Cordón. A empresa dedicada á industria química foi creada polos irmáns Fernández López que posuían o monopolio dos matadoiros e a distribución de carne na rexión. Malia ser colaboradores dos golpistas do 18 de xullo, o que lles fixo gañar moito diñeiro, as súas ideas nacionalistas leváronos a crear Zeltia co apoio de Calvet e acoller a moitos dos docentes e científicos represaliados na posguerra.[Cómpre referencia] Faustino Cordón, por exemplo, traballou en Zeltia de xuño de 1941 a xuño de 1945[5] e foi alí onde descubriu a insulinasa, un encima inactivador da insulina.

Cunha bolsa do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) puido visitar en 1945 varias universidades, laboratorios e industrias farmacéuticas estadounidenses.[4]

Foi reintegrado á Universidade de Salamanca no curso 1944-1945, sendo nomeado catedrático de Química Orgánica e Bioquímica en 1947. Grazas a unha bolsa da Junta de Relaciones Culturales do Ministerio de Asuntos Exteriores[4], traballou como investigador na Universidade de Nova York, colaborando con Alfred Mashak nas investigacións sobre o metabolismo fino das células hepáticas.[3] Foi trasladado á Universidade de Oviedo en 1948, aínda que nunca se levou a cabo: ata 1952-1953, o seu lugar foi permutado co profesor José Manuel Pertierra.[Cómpre referencia]

En 1950 comeza a dar clases na universidade de Barcelona, primeiro co curso de doutoramento en Bioquímica. Foi considerado un profesor con metodoloxías de ensino innovadoras para a época.[3] No período 1950-1958 figura como catedrático da Facultade de Ciencias de Barcelona e como xefe de sección do CSIC.[4] Nesta posición contribuíu a mellorar o nivel de química técnica para achegar a enxeñería química e, en 1954, tivo como profesor convidado a Barnett F. Dodge da Universidade Yale para introducir o modelo americano dos anos 1920-1930, centrándose principalmente no estudo das operacións básicas. Tamén quería mellorar as posibilidades de investigación da cátedra buscando un vínculo, de xeito infrutuoso, co Consello Superior de Investigacións Científicas. En 1963 puido incorporar á cátedra as materias de Fisicoquímica dos Procesos Industriais, Química Industrial, Enxeñaría Química, Metalurxia, Microbioloxía e Fermentacións Industriais, do Doutoramento Industrial.[Cómpre referencia]

En 1961 conseguiu que as cátedras de Química Orgánica e Bioquímica quedaran separadas en dúas. Acadou por oposición unha praza na de Bioquímica, onde exerceu ata a súa xubilación en 1973, aínda que continuou a desenvolver a súa actividade investigadora tempo despois.[4]

En 1973 traduciu do inglés ao castelán Bioquimíca, de Albert L. Lehninger, unha das obras de referencia máis importantes da área de Bioquímica.

É autor de decenas de publicacións científicas e director de preto de vinte teses de doutoramento entre 1957 e 1978.

Durante os anos oitenta foi asesor dos laboratorios Faustino Cordón en Barcelona, un centro de investigación alimentaria e enerxética.[4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi nomeado académico de número da Real Academia de Farmacia en 1963.[4]

En 2017 foi publicado o filme Os fillos do sol baseado na súa biografía, e co-producido pola TVG e a TV3.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gurriarán.
  2. Ficha do persoeiro en Enciclopèdia.cat (en catalán).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Casassas, Enric (marzo 1984). "La personalitat científica del Dr. Ferran Calvet i Prats". Anthropos (en catalán) (35): 6–10. ISSN 0211-5611. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 [n.a] (marzo 1984). "Dossier. Fernando Calvet: notas para una biografía científica". Anthropos (35): 5–9. ISSN 0211-5611. 
  5. Cordón, Faustino (marzo 1984). "Don Fernando, mi modelo de científico experimental". Anthropos (35): 13–16. ISSN 0211-5611. 
  6. Os fillos do sol na IMDb (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]