Circuito Galego de Sevens 2011
Aparencia
Coord.: 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9
| Tipo | edición de evento deportivo recorrente |
|---|---|
| Deporte | Rugby a 7 |
| Localización e Datas | |
| Localización | Galicia (España) 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9 |
| País | España |
| Número de edición | 1 (2011) |
| Competición | |
| Primeiro posto | Vigo Rugby Club |
O Circuíto Galego de Sevens 2011 foi a primeira edición dunha nova competición de rugby en Galicia, na modalidade de rugby a 7, na que competiron entre si os distintos clubs galegos. O campionato naceu por iniciativa dos clubs en resposta á necesidade de manter unha actividade deportiva nos equipos que pola razón que sexa remataron en marzo a súa participación nas competicións ligueiras.
Formato
[editar | editar a fonte]Os equipos inscritos para participar foron: Vigo RC, CRAT, Ingleses, Zalaeta, Ourense, Gallaecius, Mareantes e Ferrol.
Nesta edición do Circuíto Galego de Sevens estas foron as datas:
- 14 de maio: Campo de Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa). Organizador: Ingleses.
- 21 de maio: Campo de Monte Porreiro (Pontevedra). Organizador: Mareantes.
- 28 de maio: Campo de Acea da Ama (Culleredo). Organizador: CRAT.
- 4 de xuño: Campo do CUVI (Vigo). Organizador: Vigo RC.
- 11 ou 18 de xuño: Campus de Ourense. Organizador: Ourense.
- 11 ou 18 de xuño: Campo de Suevos (Arteixo). Organizador: Zalaeta.
Clasificación Final
[editar | editar a fonte]| Pos. | Equipo | Puntos |
|---|---|---|
| 1º | Vigo Rugby Club | 96 p. |
| 2º | CRAT | 92 p. |
| 3º | Os Ingleses Rugby Club | 64 p. |
| 4º | Campus Ourense | 58 p. |
| - | Mareantes Rugby Clube | 58 p. |
| 6º | Gallaecius | 40 p. |
| 7º | Club Deportivo Zalaeta | 36 p. |
| 8º | Club Rugby Fendetestas | 18 p. |
| 9º | Campus Ourense B | 12 p. |
| 10º | Os Ingleses B | 8 p. |
| 11º | Vigo RC B | 6 p. |
| 12º | Club Rugby Ferrol | 2 p. |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Outros artigos
- Ligazóns externas
- https://web.archive.org/web/20130721171820/http://www.galicia7s.com/ Web oficial do Circuíto Galego de Sevens.