Liga Galega de Rugby 2014-15

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A edición 2014-2015 da Liga Galega de Rugby contou con 14 equipos participantes repartidos en dúas divisións, a LGR1 e a LGR2. A fase de liga regular tivo 14 xornadas, comezando o 12 de outubro de 2014 e rematando o 22 de febreiro de 2015. A final disputouse o 14 de marzo de 2015 e nela o Ourense Rugby Club acadou o título de campión batendo ó Muralla Rugby Club.

Formato da competición[editar | editar a fonte]

Na tempada 2014/15 tanto a LGR1 como a LGR2 contaron con 7 equipos:

O formato consistiu nunca liga regular de 14 xornadas na que cada equipo se enfrontou ós demais dúas veces, unha vez como local e outra vez como visitante. Xa que o número de equipos foi impar, cada equipo descansou dúas xornadas durante esa fase da competición. Tralo remate da liga regular comezaron as eliminatorias polo título e pola permanencia.

As eliminatorias polo título de campión foron disputadas polos catro primeiros equipos da táboa e consistía en dúas semifinais e unha final, sempre nun único encontro, que se disputou no campo do equipo mellor clasificado. As semifinais enfrontaron ó 1º contra o 4º, e ó 2º contra o 3º.

O campión da liga galega de rugby tiña preferencia á hora de disputar a fase de ascenso á División de Honra B, a segunda división do rugby nacional. Para isto, o club debía cumprir certas condicións da Federación Española de Rugby. No caso de non as cumprir, o equipo que disputaría esa fase de ascenso sería o subcampión, ou no seu defecto, os seguintes clasificados na liga galega.

O ascenso da LGR2 á LGR1 foi do seguinte xeito: o campión da LGR2 ascendía directamente á LGR1. O último clasificado da LGR1 descendía directamente á LGR2. Por outra banda, o penúltimo da LGR1 disputaba unha eliminatoria a ida e volta contra o subcampión da LGR2. O gañador da eliminatoria acadaba unha praza na LGR1, e o perdedor na LGR2.

Competición[editar | editar a fonte]

Na fase de liga regular o dominio pertenceu a dous equipos moi parellos, o Club de Rugby Ferrol e o Os Ingleses Rugby Club, pero na fase de eliminatorias os dous foron sorprendidos por Ourense Rugby Club e Muralla Rugby Club, que acadaron a vitoria e o dereito a disputar a final polo título.

A final tivo lugar en Ourense o 14 de marzo de 2015 con resultado positivo para os locais, que acadaron deste xeito o campionato galego de liga, como xa fixeran na tempada 2010-11.

LGR1
Táboa da LGR1 2014-2015
Posición Equipo Puntos Encontros Bonus
Xogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos
1 CR Ferrol 52 12 11 0 1 7 1
2 Os Ingleses RC 48 12 10 0 2 6 2
3 Ourense RC 29 12 6 1 5 2 1
4 Muralla RC 22 12 4 0 8 2 4
5 Mareantes RC 21 12 4 1 7 1 2
6 Pontevedra RC 16 12 2 2 8 2 2
7 Vigo RC "B" 14 12 3 0 9 0 2

Descenso do filial do Vigo RC. Promoción para o Pontevedra RC.

Semifinais:
Final:

Campión o Ourense RC.

LGR2
Táboa da LGR2 2014-2015
Posición Equipo Puntos Encontros Bonus
Xogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos
1 CR Lalín 52 12 11 0 1 8 0
2 CR Fendetestas 38 12 8 1 3 4 0
3 CD Zalaeta 36 12 7 0 5 4 4
4 RO Keltia 32 12 7 0 5 4 0
5 Bierzo RC 26 12 4 1 7 5 3
6 CRAT "B" 13 12 3 0 9 2 1
7 Santiago RC 5 12 1 0 11 0 1
Semifinais:
Final:

Ascenso para o CR Lalín. Promoción para o CD Zalaeta.

Promoción

Permanencia en LGR1 para o Pontevedra RC.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]