Primeira División Nacional de Rugby
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Organizador | Federación Española de Rugby |
Liga superior | División de Honra B de Rugby |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1998 – 2014 |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | ferugby.es |
A Primeira División Nacional foi a terceira categoría do rugby en España dende 1998 até 2014, sendo a División de Honra B a segunda, e a División de Honra a primeira (as 3 divisións organizadas pola Federación Española de Rugby). Por debaixo da Primeira Nacional estaban as ligas rexionais, xestionadas polas distintas federacións autonómicas. Antes de 1998 (ano da creación da División de Honra B) a Primeira Nacional era a segunda división do rugby español (1972-1998). No ano 2014 a FER tomou a decisión de eliminar a Primeira Nacional, aumentando o número de participantes da División de Honra B.[1]
A Primeira Nacional na estrutura das ligas de rugby en España
[editar | editar a fonte]Tradicionalmente a Primeira Nacional foi o nivel máis baixo dentro das ligas nacionais de rugby, por enriba das diversas ligas rexionais. Os equipos que competían nesta categoría estaban encadrados en grupos por proximidade xeográfica, coa escepción de dúas etapas (1972-1975) (1991-1994) nas que a Primeira Nacional contaba cun único grupo no que todos xogaban contra todos.[2]
Entre 1972 e 1982
[editar | editar a fonte]- División de Honra
- Primeira Nacional
- Ligas rexionais
Entre 1982 e 1984
[editar | editar a fonte]- División de Honra
- Primeira Nacional
- Segunda Nacional
- Ligas rexionais
Entre 1984 e 1998
[editar | editar a fonte]- División de Honra
- Primeira Nacional
- Ligas rexionais
Entre 1998 e 2014
[editar | editar a fonte]- División de Honra
- División de Honra B
- Primeira Nacional
- Ligas rexionais
Dende 2014
[editar | editar a fonte]- División de Honra
- División de Honra B
- Ligas rexionais