Federación Española de Rugby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Federación Española de Rugby é o ente rector do rugby en España, con sede en Madrid. As súas funcións son organizar as diversas competicións nacionais de liga e copa, tanto masculinas como femininas, nas modalidades de rugby a 15 e rugby a 7, e artellar ás seleccións nacionais.

Trala fundación dos primeiros clubs de rugby en Cataluña a comezos da década dos anos 20, foi creada a Federación Catalá de Rugby. De seguido ocorreu o mesmo en Castela, e xurdiu a necesidade de fundar unha federación a nivel nacional para organizar un Campionato de España entre os diversos campións rexionais. Deste xeito, a "FER" naceu o 1 de agosto de 1923. En 1934 integrouse na FIRA, e en 1988 entrou na IRB.

Dende 2014 está presidida por Alfonso Feijoo García.

Presidentes[editar | editar a fonte]

Fundada en Barcelona en 1923, o primeiro comité directivo da Federación Nacional de Football-Rugby estivo presidido por Baldiri Aleu, persoeiro introductor deste deporte en España e fundador en 1921 do primeiro club do país, a Unió Esportiva Santboiana. Esa entidade organizou o primeiro Campionato de España de Rugby cuxa final tivo lugar o 13 de maio de 1926 no terreo de xogo do club decano. Baixo a Federación Nacional estaban a Federación Catalana e a Federación Centro. A comezos de 1927 a Federación Centro pasou a ser a Unión Española de Rugby presidida por Enrique Gutiérrez, funcionando paralelamente á Federación Nacional, co obxectivo principal de organizar o primeiro encontro internacional da Selección de rugby de España, que se enfrontou a Francia o 26 de maio dese ano 1927 en Madrid, sendo Enrique Gutiérrez o seleccionador. A Federación Nacional non reconoceu a aquel equipo como unha verdadeira selección nacional, sendo certo que tódolos xogadores agás un eran de equipos de Madrid. Finalmente, en xaneiro de 1928 as dúas entidades (Federación Nacional e Unión Española) se fusionaron formando a actual Federación Española, ficando Enrique Gutiérrez na presidencia.

A seguinte lista amosa a serie de persoas que tenen ocupado a presidencia da Federación Española de Rugby:[1]

Licenzas[editar | editar a fonte]

A Federación Española de Rugby contaba con 299 clubs federados e 34.232 licenzas entre xogadores, adestradores e árbitros na tempada 2016-17. Por federacións territoriais salientan:[2]

  1. En Comunidade de Madrid Madrid: 8384 licenzas e 42 clubs federados
  2. En Cataluña Cataluña: 6493 licenzas e 49 clubs federados
  3. En Andalucía Andalucía: 4162 licenzas e 44 clubs federados
  4. En Flag of the Valencian Community (2x3).svg Valencia: 3967 licenzas e 29 clubs federados
  5. En Castela e León Castela e León: 2140 licenzas e 17 clubs federados
  6. En Flag of the Basque Country.svg Euskadi: 1934 licenzas e 28 clubs federados
  7. En Galicia Galicia: 1473 licenzas e 16 clubs federados

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Datos da FER (en castelán)
  2. Licenzas 2016-17, na páxina oficial da FER. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]