Saltar ao contido

Mareantes Rugby Clube Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mareantes Rugby Clube
NomeMareantes Rugby Clube Pontevedra
Fundación14 de marzo de 1988
SedePontevedra, Galiza
Estadio(s)Campo Municipal de Monte Porreiro
Liga(s)Primeira División Nacional, Grupo A
Fóra
Na rede
https://www.mareantesrugbypontevedra.es/

O Mareantes Rugby Clube Pontevedra é un club de rugby galego da cidade de Pontevedra.

O equipo nun lance do xogo.

O Mareantes R.C. foi fundado o 14 de marzo de 1988, como resultado dunha reunión celebrada no Estadio da Xuventude por veteranos de diferentes ligas e afeccionados pontevedreses. O nome elixido ten unha forte e profunda vinculación coa cidade.

Nas primeiras tempadas a fin primordial era a formación de novos xogadores desde idades temperás. Así xorde a escola de rugby, da que saíron a maior parte dos integrantes actuais do equipo.

A tempada 2000/01, tras tres anos sen equipos federados, foi un punto de inflexión. Elaborouse un equipo sénior con 22 xogadores, coa axuda de Caixanova, encadrado na 2ª División Autonómica. Culmina a tempada co ascenso á 1ª División Autonómica tras acabar á fronte da clasificación. A asistencia do público foi a máis alta da categoría, con case 100 persoas en varios dos encontros disputados no campo da Cidade Infantil Príncipe.

Na seguinte temporada o equipo sénior aséntase na categoría, se ben o máis importante é o aumento de fichas e a creación dun equipo na categoría cadete, que achegaría catro xogadores á selección galega.

Desde entón medrou o número de equipos nas diferentes categorías (xuvenís, infantís, sénior B, feminino...), así como o número de socios e afeccionados. Malia todo o principal problema é a falta dun estadio estable de xogo e adestramento, tendo que desprazarse por varios campos.

Tempada actual

[editar | editar a fonte]
Táboa da LGR 2019-2020
Posición Equipo Puntos Encontros Bonus
Xogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos
1 Ferrol 60121200120
2 Ingleses 54121101100
3 CRAT 431290370
4 Lalín 411281361
5 Pontevedra 401290340
6 Muralla 311260652
7 Vigo B 291260650
8 Mareantes 221250720
9 Zalaeta 211241730
10 Ourense B 151230912
11 Santiago 1212201013
12 Barbanza 1012201002
13 Fendetestas 212001202

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]