Liga Galega de Rugby 2016-17

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A edición 2016-2017 da Liga Galega de Rugby contou con 14 equipos participantes repartidos en dúas divisións, a LGR1 e a LGR2. A diferenza coa tempada anterior foi a ausencia do Ourense RC ascendido á División de Honra B e a volta do Barbanza RC tras varios anos.

A fase de liga regular da primeira división tivo 14 xornadas, comezando o 22 de outubro de 2016 e rematando o 12 de marzo de 2017.

Formato da competición[editar | editar a fonte]

Na tempada 2016/17 a LGR1 e a LGR2 contaron con 7 equipos:

O formato da LGR1 consistiu nunca liga regular de 14 xornadas na que cada equipo se enfrontou ós demais dúas veces, unha vez como local e outra vez como visitante. Xa que o número de equipos foi impar, cada equipo descansou dúas xornadas durante esa fase da competición. Tralo remate da liga regular comezaron as eliminatorias polo título e pola permanencia.

As eliminatorias polo título de campión foron disputadas polos catro primeiros equipos da táboa e consistía en dúas semifinais e unha final, sempre nun único encontro, que se disputou no campo do equipo mellor clasificado. As semifinais enfrontaron ó 1º contra o 4º, e ó 2º contra o 3º.

O ascenso da LGR2 á LGR1 foi do seguinte xeito: o campión da LGR2 ascendía directamente á LGR1. O último clasificado da LGR1 descendía directamente á LGR2. Por outra banda, o penúltimo da LGR1 disputaba unha eliminatoria a ida e volta contra o subcampión da LGR2. O gañador da eliminatoria acadaba unha praza na LGR1, e o perdedor na LGR2.

Competición[editar | editar a fonte]

LGR1
Táboa da LGR1 2016-2017
Posición Equipo Puntos Encontros Bonus
Xogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos
1 CR Ferrol 58 12 12 0 0 10 0
2 RO Keltia 36 12 7 1 4 4 2
3 Ingleses RC 36 12 7 0 5 6 2
4 Pontevedra RC 33 12 6 2 4 5 0
5 CR Lalín 19 12 3 1 8 3 2
6 Mareantes RCP 18 12 4 0 8 2 0
7 Muralla RC 6 12 1 0 11 1 1

Descenso do Muralla RC. Promoción para o Mareantes RCP.

Semifinais:
Final:

Campión o CR Ferrol.

LGR2
Táboa da LGR2 2016-2017
Posición Equipo Puntos Encontros Bonus
Xogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos
1 CRAT "B" 54 12 11 1 0 8 0
2 CR Fendetestas 44 12 9 0 3 7 1
3 CD Zalaeta 37 12 7 0 5 9 0
4 Santiago RC 32 12 6 1 5 6 0
5 Vigo RC "B" 29 12 5 0 7 7 2
6 Ourense RC "B" 12 12 2 0 10 4 0
7 Barbanza RC 6 12 1 0 11 2 0
Semifinais:
Final:

Ascenso para o CRAT "B". Promoción para o CD Zalaeta.

Promoción

Permanencia en LGR1 para o Mareantes RCP.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]