Primeira División Nacional de Rugby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Primeira División Nacional foi a terceira categoría do rugby en España dende 1998 ate 2014, sendo a División de Honra B a segunda, e a División de Honra a primeira (as 3 divisións organizadas pola Federación Española de Rugby). Por debaixo da Primeira Nacional estaban as ligas rexionais, xestionadas polas distintas federacións autonómicas. Antes de 1998 (ano da creación da División de Honra B) a Primeira Nacional era a segunda división do rugby español (1972-1998). No ano 2014 a FER tomou a decisión de eliminar a Primeira Nacional, aumentando o número de participantes da División de Honra B.[1]

A Primeira Nacional na estrutura das ligas de rugby en España[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente a Primeira Nacional foi o nivel máis baixo dentro das ligas nacionais de rugby, por enriba das diversas ligas rexionais. Os equipos que competían nesta categoría estaban encadrados en grupos por proximidade xeográfica, coa escepción de dúas etapas (1972-1975) (1991-1994) nas que a Primeira Nacional contaba cun único grupo no que todos xogaban contra todos.[2]

Entre 1972 e 1982[editar | editar a fonte]

  • División de Honra
  • Primeira Nacional
  • Ligas rexionais

Entre 1982 e 1984[editar | editar a fonte]

  • División de Honra
  • Primeira Nacional
  • Segunda Nacional
  • Ligas rexionais

Entre 1984 e 1998[editar | editar a fonte]

  • División de Honra
  • Primeira Nacional
  • Ligas rexionais

Entre 1998 e 2014[editar | editar a fonte]

  • División de Honra
  • División de Honra B
  • Primeira Nacional
  • Ligas rexionais

Dende 2014[editar | editar a fonte]

  • División de Honra
  • División de Honra B
  • Ligas rexionais

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]