Adarve

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adarve da muralla de Lugo, moi frecuentado polos lucenses

Un adarve[1] ou camiño de rolda (do árabe: «ad-darb» ou, segundo outras fontes, «adz-dzir-we» como «muro de fortaleza»), é un corredor estreito situado sobre unha muralla, protexido ao exterior por un parapeto ameado, que permitía tanto facer a rolda aos sentinelas, como a distribución de defensores.

Comunica os diferentes elementos de defensa vertical, como postos de vixilancia ou outros. Pode ser cuberto ou voado entre dúas torres que defenden a porta principal do Castelo. Foi moi utilizado nas fortificacións da Idade Media.

Tamén se denomina adarve nas cidades islámicas medievais, aos canellóns que conducen a casas privadas que dispoñen dunha porta ao comezo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para adarve.