Santuario de Nosa Señora das Ermidas
Santuario de Nosa Señora das Ermidas | |
---|---|
Fachada do Santuario das Ermidas | |
Localización | As Ermidas (O Bolo) |
Coordenadas | 42°17′32″N 7°08′19″O / 42.29235, -7.138592Coordenadas: 42°17′32″N 7°08′19″O / 42.29235, -7.138592 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Santuario de Nosa Señora das Ermidas é un templo relixioso de arquitectura barroca situado na parroquia das Ermidas (O Bolo) e pertence eclesiasticamente á diocese de Astorga. Está declarado Ben de Interese Cultural.
A súa arquitectura resalta ao asentarse no reborde dunha rochosa e empinada montaña. Atópase nunha profunda garganta do río Bibei, nun emprazamento privilexiado pola beleza da súa paisaxe.
Arquitectura[editar | editar a fonte]
A fachada do Santuario foi edificada entre 1713 e 1726 por Juan Martínez Pita; pouco posterior a ela é o Vía Crucis construído en 1730 e composto por 14 capelas que contiñan 62 estatuas. O exterior dos fornelos preséntase moi sinxelo, pola contra o interior está decorado con esculturas que representan a Paixón de Cristo, seguindo o modelo do Bom Jesus do Monte de Braga edificado en 1723. E como para o Sacro Monte portugués algunhas capelas foron asociadas a unhas fontes.
Trátase de obras figurativas únicas no seu xénero, non só en Galicia, porque a idea de reproducir "de verdade" as estacións da Paixón de Cristo expresouse en España maiormente nos grupos de estatuas que se sacan en procesión con ocasión da Semana Santa.