Denominación de Orixe Valdeorras
D.O. Valdeorras | |
---|---|
Industrias | |
Superficie | |
Viticultores | |
Produción uva | |
Viño cualificado | |
Valor estimado | |
Páxina web | |
Enderezo | Vilamartín de Valdeorras. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A Denominación de Orixe Valdeorras está situada no nordeste da provincia de Ourense, pertencendo a unha das cinco Denominacións de Orixe de viño de Galicia. Abarca as superficies vitícolas dos municipios da Rúa, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín e Vilamartín de Valdeorras.
Historia
[editar | editar a fonte]Os viños de Valdeorras atopan a súa orixe na época romana; nun microclima mediterráneo-oceánico no cal os romanos plantaron viñedos e construíron lagares. Deste xeito, crearon unha cultura de atención á viña e elaboración de viño (influenciada pola chegada da cristianización).
Tras anos de esforzo e dedicación, en 1945 recoñeceuse como Denominación de Orixe Valdeorras por Orde Ministerial. Esta entidade tiña como obxectivos traballar a recuperación de variedades autóctonas como o godello e o mencía, apostar pola calidade, impulsar o control, facilitar a promoción e buscar novos camiños de expansión e comercialización. Posteriormente, en 1977, creouse o Consello Regulador que rexe os destinos da Denominación de Orixe.
Numerosas investigacións para a implantación de novas tecnoloxías e a modernización do proceso de produción, conseguiron que os viños desta Denominación estean entre os mellores de España cunha alta exportación.[Cómpre referencia]
Características da zona
[editar | editar a fonte]O viño elaborado contén calidades producidas polas características físicas da localización dos viñedos. Esta zona ourensá caracterízase por ter un clima mediterráneo-oceánico, cunha influencia atlántica, que produce invernos fríos, veráns cálidos e outonos e primaveras suaves; a situación ideal para producir viños secos de primeira calidade.
En Valdeorras, debido o paso do río Sil de este a oeste, existe un val de carácter asimétrico, é dicir, ladeiras con moita pendente na zona esquerda e máis reducida na dereita. Este é o río máis importante, mais non é o único influente nos viñedos, xa que o Xares, Bibei, Cigüeño e Casaio, aínda que non producen vales, proporcionan ladeiras nas cales hai unha menor fertilidade e unha boa drenaxe que garante nos viñedos un rendemento moderado e con uvas maduradas adecuadamente.
Variedades
[editar | editar a fonte]Nesta Denominación de Orixe prodúcese tanto viño branco como tinto, cada un deles coas súas características e variedades.
Por unha parte, os viños brancos que se elaboran principalmente de Godello, posúen unha cor amarela cun matiz verdoso, cun aroma franco e intenso. Por outra parte, os viños tintos, elaborados principalmente con Mencía, conteñen unha cor vermella e picota que lles proporciona unha identificación de xuventude.
Aínda que as variedades máis empregadas son o Godello e o Mencía, existen unha maior variedade tanto de uvas recomendadas coma de autorizadas:
- Brancas recomendadas: Godello (de preferencia), Loureira, Treixadura, Dona Branca, Albariño, Torrontes e Lado.
- Brancas autorizadas: Palomino ou Xerez.
- Tintas recomendadas: Mencía, Tempranillo, Bracellao, Merenzao, Sousón, Caíndo tinto, Espadeiro e Ferrón.
- Tintas autorizadas: gran negro, garnacha tintureira e mouratón.
Os tipos de viños pertencentes á Denominación de Orixe Valdeorras son os seguintes:
En viños brancos o Valdeorras Godello (100% da variedade Godello), Valdeorras Castes Nobres (mínimo un 85% de variedade recomendada) e Valdeorras Branco (elaborado con variedades recomendadas e autorizadas); e en tintos o Valdeorras Mencía (un mínimo de 85% da variedade Mencía), Valdeorras Castes Nobres (mínimo un 85% de variedade recomendada) e Valdeorras Tinto (uvas tanto da variedade recomendada e autorizada). Ademais destes dous tipos de viño (branco e tinto), tamén elaboran Valdeorras Espumoso (viño espumoso tradicional cun mínimo de 85% de Godello) e Valdeorras Torrado (viño doce elaborado de variedade tinta ou Godello).
Normativa
[editar | editar a fonte]A Denominación de Orixe Valdeorras foi recoñecida pola Orde Ministerial do 31 de xullo de 1957, pasando a considerarse entre os mellores viños de España. Non foi ata 1977 cando se modificou dita Orde aprobando o Regulamento da Denominación de Orixe e o seu Consello Regulador (Orde Ministerial do 24 de febreiro de 1977). Posteriormente, o anterior Regulamento foi parcialmente modificado pola Orde do 2 de febreiro de 2000, ratificada pola Orde do 9 de maio do 2000. Finalmente, a Orde do 7 de marzo do 2005 volveu modificar dito Regulamento a través da Orde APA/2498/2005, do 7 de xullo de 2005 quedando recollido no BOE.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- D.O.Valdeorras (2019). Consejo regulador. Recuperado de https://www.galiciaenvinos.es/denominaciones-origen-galicia/valdeorras
- Galicia en vinos (2019). Denominación de Origen Valdeorras. Recuperado de https://www.galiciaenvinos.es/denominaciones-origen-galicia/valdeorras
- Gastronomía de Galicia (2019). Denominación local: Valdeorras. Recuperado de http://www.gastronomiadegalicia.com/v_portal/apartados/apartado.asp?te=91
- Xunta de Galicia (2019). C.R.D.O Valdeorras. Recuperado de https://web.archive.org/web/20171129073137/http://mediorural.xunta.gal/es/areas/alimentacion/produtos_de_calidade/vinos/valdeorras/