Saltar ao contido

Torre do Bolo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre do Bolo

Tipotorre Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°18′28″N 7°05′42″O / 42.3078, -7.095
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense
ConcelloO Bolo Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesPatrimonio Galego: 11031
Wikidata ]

A Torre do Bolo é unha construción fortificada situada no concello ourensán do Bolo, preto da Serra do Eixe.

Localízase posibelmente nun lugar noutrora ocupado por un antigo poboado castrexo, mais non foi antes do século XII que apareceron as primeiras referencias documentades ao castelo, documentos onde se relata a súa fundación real.

No século XIV, o rei Pedro I de Castela concedeu á vila foro de reguengo, en agradecemento á súa fidelidade na guerra civil que o opuña a Henrique de Trastámara. No século XV, o rei Xoán II de Castela confirmou os privilexios da vila, na altura en que concedeu a fortificación aos condes de Benavente.

A fortificación tamén pertenceu aos condes de Lemos, inimigos acérrimos dos de Benavente, que chegaran a posuír o título de condes do Bolo.

Características

[editar | editar a fonte]

O castelo medieval posuíu planta rectangular con sete cubos e a torre da homenaxe. A torre foi reedificada por Xoán Pimentel no século XV, seguindo o estilo oxival. A torre da homenaxe é de planta cadrada. Construída en granito ben labrado, alcanza unha altura de 18 metros e cerca de 10 metros de lado. Non conserva nin o ameado nin o beiril. Distribúese en 3 andares e un soto cuberto con bóveda de canón apuntado, reforzado por 3 arcos. Tense acceso á torre mediante unha porta de acceso en altura, aberta no primeiro andar. No interior, pódense apreciar a entrada do subterráneo, os alxibes e un cuarto.

Ábrese outra torre de arco apuntado que permite o acceso ao patio de armas. A partir da porta de entrada ao patio de honra, presenta un arco de medio punto. Xunto a esta porta consérvase unha torre cilíndrica e parte da cerca defensiva, cun grosor de 2 metros e 25 centímetros, que conserva varios sinais de canteiros.

Alén destes elementos, consérvanse outros como o alxibe e murallas co adarve.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]