Saltar ao contido

Hospital Álvaro Cunqueiro

(Redirección desde «Novo Hospital de Vigo»)
Hospital Álvaro Cunqueiro
Fachada oeste, en 2014, en obras.
Edificio
Nome inicialNovo Hospital de Vigo
EnderezoEstrada Clara Campoamor 341
Localizacióncódigo postal 36313, Vigo
Coordenadas42°11′20″N 8°42′54″O / 42.188922222222, -8.7150111111111
Uso(s)Hospitalario
Construción
InicioMarzo de 2011
RemateXuño de 2015
Dimensións
Superficie280.000 m² construídos [1]
Plantas

Plantas -3 e -2: Aparcadoiro
P. -1: Consultas externas
P. 0: Acceso, docencia e administración
P. 1: Hospitalización
P. 2: Hosp., investig., rehab. e lab.
P. 3: Área de urxencias
P. 4: Área técnica, cirurxía e hosp.[2]

Equipo
Arquitecto(s)Luis Vidal e asociados
Outros
  • 1.465 camas [3]
  • 22 quirófanos
  • Heliporto
  • 4.350 prazas de aparcadoiro
  • PremiosFuture Health Project. Mención. [4]
    editar datos en Wikidata ]

    O Hospital Álvaro Cunqueiro é un hospital pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, inaugurado no ano 2015 e situado na parroquia de Beade, preto da confluencia coas parroquias de Valadares e Matamá, destinado a atender unha área sanitaria de preto de 600.000 persoas, a maior de Galicia. Co seu nome homenaxea o escritor Álvaro Cunqueiro.

    Descrición

    [editar | editar a fonte]

    A construción é deseño do estudo do arquitecto catalán Luis Vidal (Barcelona, 1969) e ten certificación medio ambiental BREEAM.[5]

    Inauguración

    [editar | editar a fonte]
    Manifestación en Vigo en setembro do 2015

    O primeiro paciente, ambulatorio, foi atendido o 29 de xuño de 2015. Os primeiros ingresos fixéronse o 24 de agosto.

    O servizo de urxencias estaba previsto que abrira o 4 de setembro[6] pero debido ás présas, caos deficiencias do Álvaro Cunqueiro, atrasáronse o traslado de pacientes e as urxencias.[7][8] Finalmente o servizo de urxencias abriu o día 24 de setembro.[9]

    As sospeitas de contaminación ambiental[10] demoraron o proceso de posta en funcionamento, tanto polo que respecta ás operacións (a primeira estaba programada para o 31 de agosto, e non se realizou) ou para o servizo de Urxencias (programada a apertura para o 3 de setembro, que tampouco se produciu).

    Neses días da inauguración producíronse declaracións de protesta e unha manifestación o 3 de setembro contra o proceso de apertura (200.000 manifestantes segundo convocantes e policía local): os manifestantes protestaban porque a inauguración non fixera na práctica aumentar o número de camas hospitalarias, o hospital non contase con laboratorio propio e porque os servizos de restauración, limpeza ou aparcadoiros fosen contratos con empresas privadas.[11][12]. Neses días faleceu unha paciente hepática infectada por Aspergillus,[13] se ben as fontes do hospital sinalaron que a infección se producira antes da hospitalización.[14].

    Transporte urbano

    [editar | editar a fonte]

    Liñas de Vitrasa en días laborables.[15]

    H1 [1]   García Barbón → Policarpo Sanz → Pi i Margall → Pza. AméricaCastrelos

    H2 [2]   Gregorio Espino, 79 (Estación de autobuses) → Trav. de Vigo → Pizarro → Pza. España → Gran Vía → Pza. AméricaCastrelos

    H [3]   NaviaBouzas → C. Veiga → Tomás A. Alonso → r/ Coruña → Avda. Fragoso → BalaídosCastrelos

    L6 [4]   Pza. España → Trav. de Vigo → Martínez Garrido → BembriveBeade

    L12B [5]   Meixoeiro → Avda. Madrid (Estación de autobuses) → Pza. España → Policarpo Sanz → Camelias → Pza. AméricaCastrelos

    L18 [6]   Gran Vía → Pza. España → Emilia Pardo Bazán → Sárdoma → Carneiras →

    Sábados, domingos e festivos: Unicamente H2 e L12B.

    Galería de imaxes

    [editar | editar a fonte]
    Hospital Álvaro Cunqueiro visto dende Valadares.
    1. Características do proxecto
    2. Proxecto executivo
    3. Plan integral da área de Vigo
    4. Future Health Project Award Winners 2012 Arquivado 08 de agosto de 2014 en Wayback Machine. (en inglés).
    5. «El nuevo Hospital de Vigo, certificado BREEAM® en Fase de Diseño» Arquivado 28 de setembro de 2015 en Wayback Machine. 26/1/2015.
    6. "https://www.vigoe.es/vigo/local/item/5055-el-nuevo-hospital-atendera-todas-las-urgencias-del-area-a-partir-del-4-de-septiembre". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2016. Consultado o 17 de maio de 2017.  Ligazón externa en |title= (Axuda)
    7. Trabajadores y pacientes dan la cara para denunciar "caos" y deficiencias en el Cunqueiro
    8. El nuevo hospital atenderá todas las urgencias del área a partir del 4 de septiembre
    9. Mañana abren las urgencias en el Cunqueiro y el Xeral se cierra
    10. A. Blasco (4/9/2015). "Vigo y su área toman la calle para "recuperar" una sanidad pública de calidad". Faro de Vigo (en castelán). 
    11. David Lombao (4/9/2015). "A sanidade e o leite abren dúas vías de auga na xestión da Xunta". Praza Pública. 
    12. Domingos Sampedro / Anxo Paniagua (4/9/2015). "O PP ofrece a comparecencia da conselleira de Sanidade, pero o PSOE reclama a de Feijoo". La Voz de Galicia (en castelán). 
    13. A. Blasco (3/9/2015). "Hallan aspergillus en una mujer muerta en la UCI del Cunqueiro que sufría una dolencia hepática". Faro de Vigo (en castelán). 
    14. Jorge Bravo (3/9/2015). "El Sergas niega que la fallecida se infectase en el nuevo hospital vigués". La Voz de Galicia (en castelán). 
    15. Servizo ós hospitais Vitrasa.

    Véxase tamén

    [editar | editar a fonte]

    Outros artigos

    [editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas

    [editar | editar a fonte]