Área sanitaria de Vigo
A área sanitaria de Vigo é unha das sete áreas sanitarias en que se divide o sistema público de saúde galego.[1]
Abrangue os seguintes concellos da provincia de Pontevedra: Arbo, Baiona, Cangas, A Cañiza, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Ponteareas, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui e Vigo.[2]
Os hospitais da área están integrados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, que ofrece atención sanitaria a unha poboación de 446.374 cidadáns con tarxeta sanitaria.[3] O resto de cidadáns da área, aproximadamente uns 135.000 no 2019[4], teñen a súa tarxeta sanitaria adscrita ao hospital privado Povisa, co que o SERGAS ten concerto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lei do DOG nº 68 do 2018/4/9 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2021-03-15.
- ↑ "Decreto do DOG nº 54 do 2013/3/18 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2021-03-15.
- ↑ "Busca de hospitais - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde". www.sergas.gal. Consultado o 2021-03-15.
- ↑ "El Sergas autoriza el cambio de hospital a 1.526 personas y el 58% escoge Povisa". Faro de Vigo (en castelán). 2019-06-12. Consultado o 2021-03-15.