Conversa:Hospital Álvaro Cunqueiro
Neutralización
[editar a fonte]Nas últimas horas producíronse edicións neste artigo e mais no de dous políticos galegos, a propósito da manifestación de Vigo do 3 de setembro. Revertín boa parte desas edicións porque temos que procurar que o contido dos artigo sexa neutral. Xa sei que iso é unha quimera, pero temos que tender a ela. Neste caso, por exemplo, os contidos da manifestación, e mesmo da cuestión do aspergillus, que nin sequera se sabe que estea relacionado con este hospital, ocupan máis que toda a demais información sobre o hospital. É como falar dun Mundial de fútbol e facer o artigo contando unicamente no que pasou no partido número 7. Moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 4 de setembro de 2015 ás 15:56 (UTC)
- Volvín facer unha corrección sobre este artigo, e explico: ademais doutros matices de texto, retirei a mención a que os manifestantes pediron a dimisión da conselleira. A razón é que o que poden berrar uns manifestantes anónimos dentro dun conxunto de persoas non ten relevancia dentro do artigo sobre o hospital. Non digo que nun artigo especificamente sobre a manifestación do 3 de setembro non tivese un sitio adecuado a referencia, pero no artigo do hospital é irrelevante: nin era un dos lemas da manifestacións, nin era o obxectivo da manifestación, nin tivo consecuencias políticas (polo de agora). Se fose un dos lemas ou obxectivos da manifestación, ou se como consecuencia dela efectivamente se producise esa dimisión, tería xeito que se mencionase iso no artigo (sen ser a parte central). Pero non é o caso. --Xabier Cid Talk 2 me, please 8 de setembro de 2015 ás 17:21 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Hospital Álvaro Cunqueiro. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20140808050325/http://www.designandhealth.com/Advocacy/Future-Health-Project-Award-Winners-2012.aspx á ligazón http://www.designandhealth.com/Advocacy/Future-Health-Project-Award-Winners-2012.aspx
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 01:37 (UTC)