Heliporto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heliporto en Tainaigawa Dam, en Xapón.

Un heliporto é un pequeno aeroporto soamente válido para helicópteros. Os heliportos poden ter unha ou máis plataformas de aterraxe (helisuperficies) e adoitan ter uns servizos máis limitados, tanto de combustible, iluminación ou hangares.

A diferenza dos aeroportos, os heliportos non necesitan grandes superficies porque os helicópteros poden engalar e aterrar verticalmente.

Os helicópteros atópanse, normalmente, en territorios de espazo reducido (como é o caso do heliporto de Ceuta), en hospitais, rañaceos e embarcacións.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]