Saltar ao contido

Marlango

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marlango
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Discografía
Datas
 Fundación / creación
2002 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
2002 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Fontes e ligazóns
VIAF145043293 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000097952251 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01q5b9j Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Spotify: 1sssLDz8bNSqKkW1zndP0D Last fm: Marlango Musicbrainz: 1a2bd2b1-7fe4-4b09-9ae8-96d2a519bf9a Songkick: 538355 Discogs: 718420 Allmusic: mn0000524821 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Marlango é un grupo musical español, influído pola atmosfera musical de Tom Waits, formado en 2002 en Madrid. Os integrantes do grupo son Leonor Watling, Alejandro Pelayo e Óscar Ybarra.

En 1998, Leonor e Alejandro gravaron unha maqueta con catorce temas para piano e voz onde xa se encontraba o núcleo do que sería o seu primeiro álbum. No inverno de 2002, o neoiorquino Óscar Ybarra, acabado de instalar en Madrid, escoita o material e decide incorporarse ó proxecto. Entre os tres dan forma a un traballo que ve a luz en febreiro de 2004.

Este disco, Marlango, ten influencias que van do rock ó jazz, da música dalgún cabaré de entreguerras á banda sonora dunha película de David Lynch. Despois dun ano de concertos por toda España, Portugal e o Xapón, e de recibir de mans de Pedro Almodóvar un disco de ouro polas primeiras 50.000 copias vendidas, en setembro de 2005 publican o seu segundo álbum, Automatic imperfection, que tamén consegue o disco de ouro en España. En 2006 fichan pola discográfica Universal, coa que publican unha edición especial do seu primeiro álbum, ademais de editalo en moitos países.

O 25 de setembro de 2007 editouse o seu terceiro álbum de estudio The electrical morning.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Colaboracións

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]