Nathy Peluso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNathy Peluso

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalNatalia Peluso
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1995 (29 anos)
Luján, Arxentina
Datos persoais
Outros nomesNathy Peluso Editar o valor em Wikidata
ResidenciaEspaña Barcelona, España[1]
País de nacionalidadeArxentina
España Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Rei Xoán Carlos
Universidade de Murcia Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónCantante e compositora
Período de actividade2017 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artístico
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSony Music Spain (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsSofía Gabanna Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webnathypeluso.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm11484841 Facebook: nathy.peluso Twitter: NathyPeluso Instagram: nathypeluso Youtube: UCTjZWgoZjy-rn7nAjdtIdyQ TikTok: nathypeluso Bandcamp: nathypelusoSouncloud: nathy-peluso Spotify: 3VHAySZQPlfGlNLslzXYpN iTunes: 1336405189 Last fm: Nathy+Peluso Musicbrainz: 88e70937-92ae-4a15-bfc6-a94940ce916b Discogs: 5968428 Allmusic: mn0003713875 Deezer: 12346612 Genius: Nathy-peluso Editar o valor em Wikidata

Natalia Peluso[3], coñecida artisticamente como Nathy Peluso, nada en Luján (provincia de Buenos Aires) o 12 de xaneiro de 1995, é unha cantante e compositora arxentina que fusiona os xéneros hip hop, soul, trap, jazz, salsa e swing.[4][5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criouse no barrio de Saavedra, na cidade de Buenos Aires. Medrou escoitando artistas estadounidenses, como Ella Fitzgerald e Ray Charles, e tamén latinoamericanos, como João Gilberto, Ray Barretto, Serú Girán e Atahualpa Yupanqui.

En 2004 emigrou coa familia a España. Residiu inicialmente en Torrevieja e máis tarde en Murcia, onde iniciou estudos de comunicación audiovisual, que logo abandonaría. Posteriormente trasladouse a Madrid a estudar teatro físico na Universidade Rei Xoán Carlos, co obxectivo de especializarse en pedagoxía das artes visuais e a danza. Porén, abandonou a carreira no segundo curso.[6] En Madrid traballou en hostalaría e en cadeas de produción.[7][8]

Tras abandonar os estudos mudouse a Barcelona, onde actualmente reside.[9] En 2017 comezou a dedicarse por completo á música co lanzamento do seu primeiro recompilatorio, Esmeralda.[10]

Carreira musical[editar | editar a fonte]

Inicios musicais[editar | editar a fonte]

Con 16 anos empezou a actuar en hoteis e restaurantes de Torrevieja interpretando principalmente temas clásicos de Frank Sinatra, Etta James ou Nina Simone.[7] Sendo adolescente subía versións á súa canle de YouTube.[11] Cando estudaba teatro facía bases electrónicas con amigos, nas que gravaron e fixeron vídeos que se empezaron a facer coñecidos. Isto levouna a decidir deixar a carreira de teatro no segundo ano.[7]

A súa raíz é a música negra, non só con estilos como o blues, o jazz, o funk ou o soul, senón tamén músicas máis tradicionais, como os ritmos africanos ou o bombo clap.[12] Ao estudar teatro con profesorado e estudantado de Cuba, a República Dominicana e Colombia, adquiriu vocabulario e acentos deses países, reflectidos nas súas cancións.[7]

2017-2019: Esmeralda e La sandunguera[editar | editar a fonte]

En 2017 edita o primeiro recompilatorio, Esmeralda,[10] e compón a canción «Corashe».[13] Tras o lanzamento de La Sandunguera en 2018, un EP de seis cancións, actuou ese ano en festivais como Bilbao BBK Live, Sonorama, Sónar ou FIB, e completou unha xira de máis de 100 concertos por Europa, España e Latinoamérica.[14][15][16][17][18] En gran parte das actuacións contou coa súa banda, Big Menu[19].

Peluso nun concerto en 2018

En 2019 foi nomeada nos Premios Música Independente (MIN) nas categorías de «canción do ano» e «mellor videoclip» por La Sandunguera.[20] O 30 de abril de 2019 anunciou o lanzamento do seu primeiro libro Deja que te combata, unha recompilación das súas reflexións, proxectos e historias.[21] Ao mesmo tempo lanza un novo single, «Natikillah».[18] Ese mesmo ano, actuou en festivais como Primavera Sound e recibiu o premio Discovery Artist na Latin Alternative Music Conference (LAMC) de Nova York.[22] En decembro asina coa filial española de Sony Music e lanza o sinxelo «Copa Glasé», unha homenaxe ás cancións do Nadal de Nina Simone ou as Big Band de jazz.[23]

2020-presente: Calambre[editar | editar a fonte]

En 2020 lanzou o primeiro sinxelo como adianto do seu álbum «Business Woman».[24] Máis adiante publica unha colaboración con Rels B, «No se perdona», e o sinxelo «Buenos Aires», que retrata o espellismo vivido durante o confinamento de 2020.[25] Este segundo sinxelo foi gravado en La Diosa Salvaje, o estudio do famosísimo músico arxentino «El Flaco» Spinetta, e producido por Rafa Arcaute, gañador de varios premios Latin Grammy.[26]

En xullo obtivo o seu primeiro nomeamento nos Premios Gardel, na categoría de «mellor novo artista». Tamén obtivo dous nomeamentos nos Latin Grammy a «mellor artista novo» e a «mellor canción alternativa» por «Buenos Aires».[27][28] En setembro presentou en YouTube o videoclip dun novo tema, «Sa sa», que integraría o seu primeiro disco de estudio,[29] Calambre, publicado un mes despois.[30] O álbum inclúe unha fusión de sons: hip hop, trap, R&B, reguetón, salsa e tango.[31][32]

En novembro dese ano actuou na gala dos Latin Grammys coa canción «Buenos Aires», acompañada polo cantautor arxentino Fito Páez.[33] O 27 dese mes uniuse co produtor musical arxentino Bizarrap no seu Music Sessions.[34] A canción logrou debutar no Arxentina Billboard Hot 100 en 90º posición. Peluso logrou así o primeiro ingreso a dita lista.[35] Un mes despois do lanzamento, o tema alcanzou o posto 74 na clasificación global de Spotify e recibiu a certificación de ouro, tanto na Arxentina como en España.[36] Posteriormente recibiu o triplo disco de platino en España, con 120 000 copias vendidas.[37]

En xaneiro de 2021 foi nomeada nos Premios Lo Nuestro como artista relevación feminina.[38] O mesmo mes, a cantante publicou un novo sinxelo, «Delito», cun vídeo que mostra de preto unha relación intoxicada e cruzada polo desexo e a paixón.[39] En febreiro recibiu dous nomeamentos nos Premios Odeón: mellor álbum urbano por Calambre e mellor artista revelación urbano.[40] Participou nun evento de Samsung conducido por Santiago del Moro na presentación dun novo produto, evento no que actuou xunto a Bizarrap.[41] Ese mesmo mes, tras o éxito da súa primeira actuación en COLORS, actuou de novo interpretando «Puro veneno», canción incluída no seu último álbum.[42] En marzo, na entrega dos Premios Goya, cantou «La Violetera», canción popularizada por Sara Montiel, acompañada da Orquestra Sinfónica de Málaga, en homenaxe á banda sonora da película homónima, dirixida por Luis César Amadori.[43]

En abril, Peluso participou no festival South by Southwest, en Austin, Texas (Estados Unidos). Nesa edición, que foi virtual, interpretou «Delito» e «Buenos Aires».[44] Ese mesmo mes participou nunha nova versión do «Himno á alegría», canción orixinal de Ludwig van Beethoven e Waldo de los Ríos. Foi unha iniciativa da asociación española "La Carbonería Siglo XXI", impulsada polos principais selos discográficos do país en prol do sector da música. Na versión tamén participaron Aitana, Lali Espósito, David Bisbal, Pablo Alborán e Andrés Calamaro, entre outros cantantes, e o guitarrista Brian May, exintegrante de Queen. O vídeo tamén contou coa participación de varias figuras do deporte como Lionel Messi, Rafael Nadal, Marc Márquez ou Diego Simeone.[45][46]

Tamén en abril, a cantante anunciou o inicio da xira do seu primeiro álbum de estudo, Calambre Tour.[47] O mes seguinte, con nove nomeamentos nos premios Carlos Gardel, Peluso foi a artista máis nomeada da edición.[48]

En xuño recibiu unha certificación de dobre platino en España polo sinxelo «Delito», logo dun dos seus shows previstos no país.[49] En xullo publicou un novo sinxelo, «Mafiosa».[50] Na 23ª entrega anual dos Premios Gardel obtivo catro galardóns: mellor álbum pop alternativo e mellor novo artista por Calambre, mellor álbum/canción de música urbana/trap por «Nathy Peluso: Bzrp Music Sessions, Vol. 36» xunto a Bizarrap, e gravación do ano por «Buenos Aires».[51]

En agosto protagonizou un mini documental de Spotify en que compartiu recordos da infancia xunto á súa familia e fragmentos gravados detrás do escenario durante os seus shows, e tamén relata a súa inclinación por fusionar sons e xéneros.[52] O mes seguinte publicou a versión acústica de «Mafiosa» xunto cunha versión de «La despedida», canción de Daddy Yankee, con mestura de hip-hop e pop. Formou parte das gravacións inaugurais de Spotify Singles, o programa que lles dá aos artistas a oportunidade de gravar novas versións das súas propias cancións e das cancións dos colegas.[53] Tamén recibiu un nomeamento nos Premios Quiero.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudo[editar | editar a fonte]

  • 2020: Calambre

Xiras musicais[editar | editar a fonte]

  • La Sandunguera Tour (2018)[54][55]
  • Calambre Tour (2021)

Libros[editar | editar a fonte]

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Ano Premio Categoría Traballo nomeado Resultado Ref.
2019 Premios Música Independente Canción do ano «La sandunguera» Nomeada [56]
Vídeo do ano Nomeada [57]
Conferencia de Música Alternativa Latina Discovery artist Ela mesma Gañadora [58]
2020 Premios Carlos Gardel Mellor novo artista Nomeada [59]
Premios Grammy Latinos Mellor artista novo Nomeada [60]
Mellor canción alternativa «Buenos Aires» Nomeada [61]
Premios Filo News Mellor artista musical Ela mesma Nomeada [62]
2021 Premios Lo Nuestro Artista revelación feminina Nomeada [63]
Premios Odeón Artista odeón revelación urbano Nomeada [64]
Mellor álbum urbano Calambre Nomeada [65]
Premios Heat Latin Music Awards Artista revelación Ela mesma Nomeada [66]
Mellor artista feminina Nomeada
Mellor artista rexión sur Nomeada
Premios Carlos Gardel Mellor álbum / canción de música urbana / trap «Nathy Peluso: Bzrp Music Sessions, Vol. 36» Gañadora [67]
Canción do ano Nomeada
Mellor videoclip curto Nomeada
Mellor álbum pop alternativo Calambre Gañadora
Mellor deseño de capa Nomeada
Mellor novo artista Gañadora
Álbum do ano Nomeada
Gravación do ano «Buenos Aires» Gañadora
MTV Millennial Awards "Bichota del año" Ela mesma Nomeada [68]
Artista viral / himno viral «Nathy Peluso: Bzrp Music Sessions, Vol. 36» Nomeada
Premios Juventud La nueva generación – femenina Ela mesma Nomeada [69]
Artista da xuventude feminina Nomeada
Premios Grammy Latinos Mellor fusión / interpretación urbana «Nathy Peluso: Bzrp Music Sessions, Vol. 36» Nomeada [70]
Mellor canción rap / hip hop «Sana sana» Nomeada
Mellor álbum música alternativa Calambre Gañadora
Mellor canción alternativa «Agarrate» Nomeada
Premios Quiero Mellor vídeo rap / trap / hip hop «Nathy Peluso: Bzrp Music Sessions, Vol. 36» Nomeada [71]
Los 40 Music Awards Artista ou grupo revelación Ela mesma Nomeada [72]
BAMV Fest Vídeo favorito «Mafiosa» Nomeada [73]
2022 Premios Grammy Mellor álbum alternativo ou rock latino Calambre Pendente

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sin Filtros: Entrevista a Nathy Peluso". ELLE. 2021-02-16. Consultado o 2021-10-13. 
  2. Hutchinson, Kate (26 de setembro de 2020). "One to watch: Nathy Peluso". The Guardian (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  3. López, Elsa (4 de xaneiro de 2021). "Nathy Peluso: la voz que viene del alma". Glamour. Consultado o 11 de marzo de 2021. 
  4. Poyo, Ana (9 de outubro de 2018). "Nathy Peluso, el azote latino de la música". Vogue España. Consultado o 1 de abril de 2021. 
  5. Plaza, Gabriel (23 de marzo de 2018). "Nathy Peluso: la argentina fenómeno del trap español". La Nación. Consultado o 23 de abril de 2019. 
  6. Freire, Juan Manuel (2018-06-11). "Nathy Peluso, una voz omnívora en el Sónar" (en castelán). Consultado o 2020-12-04. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Manu Piñón (8 de xuño de 2018). "Nathy Peluso: “Soy consciente del talento que tengo y no me hace falta copiar a nadie”". Vanity Fair. 
  8. "BIO" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2019. Consultado o 22 de abril de 2019. 
  9. "Nathy Peluso: "He venido para quedarme a cantarle a mi gente hasta viejita"" (en castelán). Consultado o 2020-10-14. 
  10. 10,0 10,1 "Esmeralda NATHY PELUSO". Consultado o 4 de decembro de 2020. 
  11. Berta Tena (16 de febreiro de 2018). "Nathy Peluso, una nueva vanguardista de la música latinoamericana". El País. 
  12. Guillermina Torresi (4 de xuño de 2017). "La música de Nathy Peluso viene de otro espacio temporal". La Vanguardia. 
  13. "Nathy Peluso, "la 'fuckin' jefa": "Soy un poco drama queen, me gustan la ironía, la pasión y la exageración"" (en castelán). 2020-02-06. Consultado o 2020-12-04. 
  14. "Nathy Peluso, Súper Ratones e IMS impulsan la música latinoamericana en el Sonorama Ribera". El País. 2 de xullo de 2018. 
  15. "El último Sónar de Día 2018 baila el "prrruces" con el viral Lory Money". La Vanguardia. 16 de xuño de 2018. 
  16. Rosabel Tavera (23 de xullo de 2018). "Cierra el FIB con el público rendido ante Nathy Peluso y Wolf Alice". RTVE. 
  17. "Nathy Peluso: "He venido para quedarme a cantarle a mi gente hasta viejita"". EFE. 21 de febreiro de 2019. 
  18. 18,0 18,1 "Nathy Peluso lanza “Natikillah”, su nuevo y poderoso single". Consultado o 4 de decembro de 2020. 
  19. David Saavedra (18 de setembro de 2018). "Nathy Peluso se psicoanaliza a sí misma". 
  20. Íñigo Renedo; Elisa Muñoz (14 de marzo de 2019). "'Cayetano' se corona como canción del año en la gran noche de Morgan". Cadena Ser. 
  21. "Nathy Peluso lanza libro y estrena acuerdo con Bershka" (en castelán). 2 de maio de 2019. Consultado o 10 de maio de 2019. 
  22. "LAMC Day 1: Ximena Sariñana, iLe and Nathy Peluso Bring Messages of Unity and Empowerment". Billboard. Consultado o 4 de decembro de 2020. 
  23. "Nathy Peluso estrena una nueva canción, 'Copa Glasé'". Filo.news. Consultado o 4 de decembro de 2020. 
  24. "Nathy Peluso, una "Business woman" sobre el escenario de 'Operación Triunfo'". Consultado o 4 de decembro de 2020. 
  25. "Nathy Peluso: "Encontré el sonido de la nostalgia"". 
  26. "Nathy Peluso vuelve a casa con "Buenos Aires"". 2020-05-29. Consultado o 2021-03-10. 
  27. "CAPIF dio a conocer a los nominados de los Premios Gardel 2020". Billboard Argentina. 7 de xullo de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  28. "THE LATIN ACADEMY OF RECORDING ARTS & SCIENCES, INC." (PDF). Latin Grammy. 29 de setembro de 2020. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de outubro de 2022. Consultado o 29 de setembro de 2020. 
  29. "Nathy Peluso canta al ritmo de “SANA SANA” su nuevo single y video". Billboard Argentina. 22 de setembro de 2020. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  30. "Nathy Peluso: "PORFIN CALAMBRE IS OUT. Para el goce de mi gente Porque si no hago música me muero!!!!"". 2020-10-02. Consultado o 2020-11-20. 
  31. "First Stream Latin: New Music From Llane, Nathy Peluso, Arcangel & More". Billboard. 2020-10-02. Consultado o 2020-11-20. 
  32. "Nathy Peluso, crítica de su disco Calambre en Mondo Sonoro (2020)". 2020-10-05. Consultado o 2020-11-20. 
  33. "Latin Grammy 2020: Fito Páez y Nathy Peluso, protagonistas de la ceremonia". 2020-11-19. Consultado o 2020-11-20. 
  34. "Bizarrap llevó el hip hop de los 90' a su Music Session #36 de la mano de Nathy Peluso". 2020-11-30. Consultado o 2020-12-03. 
  35. ""Dakiti" llegó al N° 1 del Billboard Argentina Hot 100". 2020-12-01. Consultado o 2020-12-03. 
  36. "El éxito global de la Bizarrap Music Session de Nathy Peluso". Consultado o 2021-02-05. 
  37. "Bizarrap y Nathy Peluso, Triple Platino en España". 2021-07-20. Consultado o 2021-10-01. 
  38. "Ellos son los nominados a Premio Lo Nuestro". Consultado o 2021-02-19. 
  39. "Nathy Peluso pone en imágenes su single "Delito"". 2021-01-18. Consultado o 2021-01-18. 
  40. "Premio Odeón 2021: todos los nominados por categoría". 2021-03-08. Consultado o 2021-03-10. 
  41. "Nathy Peluso y Bizarrap protagonizarán el evento de presentación del Samsung Galaxy S21 5G". 2021-02-19. Consultado o 2021-02-19. 
  42. "Nathy Peluso X COLORS presenta "Puro Veneno"". 2021-02-26. Consultado o 2021-03-05. 
  43. "Nathy Peluso sorprende con su interpretación de La Violetera y sus ojos sobre el escenario de los Goya 2021". 2021-03-06. Consultado o 2021-03-07. 
  44. "Nathy Peluso participó en el festival SXSW 21 y compartió los temas “Delito” y “Buenos Aires”". 2021-04-07. Consultado o 2021-04-11. 
  45. "Brian May, Alejandro Sanz, Juanes, David Bisbal, Camilo, Lali, Andrés Calamaro, entre otros, versionaron el “Himno a la Alegría”". 2021-04-15. Consultado o 2021-04-15. 
  46. 20minutos (2021-04-15). "Así es la nueva versión del 'Himno a la alegría' protagonizado por más de 40 artistas: Aitana, Rafa Nadal, Alborán, Messi...". Consultado o 2021-04-15. 
  47. "Nathy Peluso anuncia su gira ‘Calambre’ por España". 2021-04-28. Consultado o 2021-04-28. 
  48. "Premios Gardel 2021: todos los nominados, con Nathy Peluso al frente". Consultado o 2021-05-07. 
  49. Hern, Larsen (2021-06-12). "¡Doble platino! Nathy Peluso fue premiada por una de sus canciones más populares". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2022. Consultado o 2021-07-07. 
  50. Mauro, Florencia (7 de xullo de 2021). ""Mafiosa" el nuevo single de Nathy Peluso". Consultado o 7 de xullo de 2021. 
  51. "Se entregaron los Premios Gardel: Lali ganó a mejor canción, Nathy Peluso fue la más premiada y Fito Páez se llevó el de Oro". 23 de xullo de 2021. Consultado o 24 de xullo de 2021. 
  52. "Nathy Peluso comparte su faceta más familiar a través de Spotify". www.europapress.es. 2021-08-24. Consultado o 2022-11-23. 
  53. "Nathy Peluso lanzó un cover de "La Despedida" de Daddy Yankee". 2021-09-30. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2022. Consultado o 2021-10-01. 
  54. Rodríguez, Alfredo. "Nathy Peluso anuncia el lanzamiento de su próximo EP y gira por Europa y Sudamérica – Musicazul.com" (en castelán). Consultado o 2021-02-19. 
  55. "Nathy Peluso lanza su EP "La Sandunguera" el 9 de Marzo y estrena VideoSingle" (en castelán). 2017-12-21. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2022. Consultado o 2021-02-19. 
  56. "Listado de Nominados para los Premios MIN 2019". Eventbrite Blog. 28 de febreiro de 2019. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  57. "Listado de Nominados para los Premios MIN 2019". Eventbrite Blog. 28 de febreiro de 2019. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  58. "Una flor con corashe: Nathy Peluso". Con Sabor a Coco. 5 de agosto de 2019. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  59. "CAPIF dio a conocer a los nominados de los Premios Gardel 2020". Billboard Argentina. 7 de xullo de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  60. "La Academia Latina de la Grabación® anuncia los Nominados de la 21.a Entrega Anual del Latin GRAMMY®". Latin Grammy. 29 de setembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2020. Consultado o 29 de setembro de 2020. 
  61. "THE LATIN ACADEMY OF RECORDING ARTS & SCIENCES, INC." (PDF). Latin Grammy. 29 de setembro de 2020. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de outubro de 2022. Consultado o 29 de setembro de 2020. 
  62. "Premios Filo.top: votá a los nominados de lo mejor de la escena digital 2020". Filo News. 2020-12-24. Consultado o 2021-12-31. 
  63. "Conoce la lista completa de nominados a Premio Lo Nuestro 2021". Univision. 12 de xaneiro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  64. "Categorias 2021 – Premios Odeón" (en castelán). Consultado o 2021-02-16. 
  65. "Categorias 2021 – Premios Odeón". Consultado o 2021-02-16. 
  66. "ELESPECTADOR.COM". ELESPECTADOR.COM. 2021-04-23. Consultado o 2021-04-25. 
  67. "Ganadores & Nominados 2021". premiosgardel.org.ar. Consultado o 2021-07-24. 
  68. Padenzi, Josefina (2021-06-07). "Lista completa de nominados a los Premios MTV MIAW 2021". Television.com.ar. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2021. Consultado o 2021-06-07. 
  69. "Lista completa de nominados a Premios Juventud 2021". Univision. 2021-06-15. Consultado o 2021-06-15. 
  70. "22.ª Entrega Anual del Latin GRAMMY" (PDF). Latin Grammy. 28 de setembro de 2021. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2021. Consultado o 28 de setembro de 2021. 
  71. "Premios Quiero 2021 - Categorías". Premios Quiero. 2021-10-01. Archived from the original on 16 de outubro de 2021. Consultado o 2021-10-02. 
  72. "Los40 Music Awards — Nominados 2021". Los 40. 2021-10-07. 
  73. Crunches (2021-11-19). "Lista de videos nominados de BUENOS AIRES MUSIC VIDEO FESTIVAL 2021". BAMV Fest. Consultado o 2021-11-25.