Eladio y los seres queridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eladio y los seres queridos
Primavera Sound 2011 - May 28 - Eladio y Los Seres Queridos (5805382152).jpg
Eladio y los seres queridos no Primavera Sound (2011)
Período2005 -
Xénero(s)indie pop
Selo(s) discográfico(s)Grabaciones en el Mar, Esmerarte
MembrosEladio Santos
David Outumuro
Oscar Durán "Uka"
Marcos Vázquez
Antigos membrosManuel Santamaría
Ovidio López
Jose Manuel García
Páxina webhttp://www.eladioylosseresqueridos.es/

Eladio y los seres queridos é unha banda de indie pop galega. Está composta por Eladio Santos (voz e guitarra), David Outumuro (batería), Oscar Durán "Uka"(baixo) e Marcos Vázquez (sintetizadores e piano).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende 2005 que comezaron a súa andaina como cuarteto, con piano (Manuel Santamaría) e batería dixital (Marcos Vázquez, que facía tamén de teclista), realizaron varias xiras por España e en 2007 presentaron o seu primeiro traballo, Esto que Tienes Delante, (editado en Grabaciones en el Mar) en case tódalas tendas Fnac, tocando en festivais como Monkey Week e Cultura Quente, e abrindo os concertos de grupos como Deluxe, Amaral ou Vetusta Morla.

A partir de 2009 a formación reduciuse a tres integrantes, quedando Marcos, Eladio e Uka como "núcleo duro" do proxecto. Con esta formación realizaron unha extensa xira por toda España, e ao final desa xira comezaron a gravación do seu segundo disco, cos estudios Sonobox de Madrid como produtores e incorporando un batería ao seu directo. Inicialmente Jose Manuel García tocou durante un verán, incluíndo concertos no Festival Vigo Transforma, ou abrindo o concerto de Ben Harper. A finais de 2010 incorporouse definitivamente David Outumuro.

Con esta formación de cuarteto, e incluíndo o guitarrista do disco en estudio Ovidio López, presentan o disco en numerosos festivais e cidades durante 2011, 2012 e 2013, iniciando unha xira que os levou ao Primavera Sound, Ebrovisión, Sonorama, Portamérica, Monkey Week, Día de la Música e a máis de cincuenta cidades españolas.

En 2014 gravaron o seu terceiro LP, no que volveron contar cos mesmos produtores que no seu segundo disco Están Ustedes Unidos, Manuel Colmenro e Javier Carretero, dos estudios Sonobox.

O disco chamouse Orden Invisible e representou un paso máis cara a un son propio. Os arranxos volven ser de gran factura e contan coa Orquestra de Saxos do Conservatorio de Redondela entre outros moitos colaboradores.

O álbum publicouse en outubro de 2014, dando comezo á xira de presentación.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Esto que tienes delante (2007, Grabaciones en el Mar)
  • Están ustedes unidos (2011, Esmerarte).
  • Orden Invisible (2014, Esmerarte).
  • Cantares (2016 autoeditado).
  • Historias de caza (2017 Autoeditado).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]