Primal Scream

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primal Scream
Primal Scream.jpg
Orixe Glasgow, Escocia Escocia
Período 1982 - actualidade
Xénero(s) rock, indie pop, rock alternativo, acid house, rock electrónico, rock psicodélico
Selo(s) discográfico(s) Creation, Elevation, Columbia/SME Records, B-Unique Records, Sire/Warner Bros. Records, Reprise/Warner Bros. Records, Astralwerks/Caroline/Virgin/EMI Records
Membros Bobby Gillespie
Andrew Innes
Martin Duffy
Darrin Mooney
Barrie Cadogan
Debbie Googe
Antigos membros Mani
Jim Beattie
Paul Harte
Jim Hunt
Denise Johnson
Duncan Mackay
Tom McGurk
Stuart May
Henry Olsen
Steve Sidelnyk
Gavin Skinner
Martin St. John
Phillip 'Toby' Tomanov
Paul Mulraney
Robert "Throb" Young
Web oficial http://www.primalscream.net/


Primal Scream é unha banda escocesa de rock alternativo formada orixinalmente en 1982 en Glasgow por Bobby Gillespie (voces) e Jim Beattie, e na actualidade baseada en Londres. Hoxe en día está composta por Gillespie, Andrew Innes (guitarra), Martin Duffy (teclados) e Darrin Mooney (batería). Barrie Cadogan xirou e gravou co grupo dende 2006 substituíndo ao guitarrista Robert "Throb" Young tras a súa saída.

A banda actuou entre 1982 e 1984, pero a súa carreira non despegou ata que Gillespie deixou o seu posto como batería en The Jesus and Mary Chain. Primal Scream tivo un papel clave na escena indie pop de finais dos anos 80, pero finalmente moveuse cara un son distinto, collendo máis influencias psicodélicas e do garage rock, antes de incorporar elementos da música dance. O seu álbum de 1991, Screamadelica, fixo que o grupo chegase ao gran público. A pesar dos múltiples cambios na formación a banda continuou colleitando éxitos e segue xirando e gravando.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]