Puma Pumku

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Puma Pumku
OrixeSantiago de Compostela, Galicia Galicia
Xénero(s)rock psicodélico
Selo(s) discográfico(s)A Seara, Matapadre
MembrosAmadeo Varela
Nico the Chef
Coque Dosil
Guillermo Cavero
Francisco Varela
Antigos membrosÓscar Raña
Na rede
Bandcamp

Puma Pumku é unha banda galega de rock psicodélico procedente de Santiago de Compostela. O grupo está composto por Amadeo Varela (guitarra e voz), Nico the Chef (batería), Coque Dosil (guitarra), Guillermo Cavero (baixo) e Francisco Varela (teclados).

Historia[editar | editar a fonte]

Puma Pumku formárona en Santiago de Compostela o vocalista e guitarrista Amadeo Varela, o batería Óscar Raña, o guitarrista Coque Dosil e o baixista Guillermo Cavero.

O primeiro lanzamento da banda foi o EP de catro temas Puma Pumku, publicado en CD e casete por A Seara Records o 29 de abril de 2013.[1]

O 24 de novembro de 2014 o grupo lanzou o seu primeiro álbum, Is It In You?. O disco financiouse a través de micromecenado, pero a banda acabou asinando co selo Matapadre polo que o traballo aparecería publicado en dúas edicións.[2] Is It in you? foi gravado e mesturado polos membros de Triángulo de Amor Bizarro Roberto Mallo e Rodrigo Caamaño.[3]

Posteriormente entrou na banda Francisco Varela (Dirty Socks) nos teclados para reforzar o seu son en directo. Óscar Raña decidiu centrarse no seu proxecto Dois, formado a mediados de 2014, e no ano 2017 abandonou Puma Pumku sendo substituído por Nico the Chef na batería.[2]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo Notas
Puma Pumku 2013 A Seara EP
Is It In You? 2014 Matapadre

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Puma Pumku Ep by Puma Pumku". Bandcamp. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Puma Pumku". La Fonoteca. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  3. "Is It In You? by Puma Pumku". Bandcamp. Consultado o 23 de outubro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]