Oh! Ayatollah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oh! Ayatollah
Oh! Ayatollah por Christofer Fernández
OrixeSantiago de Compostela,
Xénero(s)Pop
Na rede
Bandcamp da banda
Facebook: ohayatollah Editar o valor em Wikidata

Oh! Ayatollah é un grupo galego de pop, formado a finais de 2015 en Santiago de Compostela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O Ayatollah Boy, a Ayatollah LaLaLaLee, o Ayatollah Pop e o Ayatollah Soares formaron o grupo entre as facultades de Filosofía e Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela a finais de 2015[1]. Deron o seu primeiro concerto no local compostelán Reixa Bar o 8 de marzo de 2016. O seu primeiro EP, cargado de "nihilismo entusiasta"[2] e titulado Cancións por se non te quere xa foi autoeditado en abril dese mesmo ano[3]. Posteriormente publicaron un single con dúas cancións, "Mi Re La / Nunca Máis" (autoeditado, 2017)[4]. Lanzaron un videoclip de cada tema, ambos os dous dirixidos por Xaime Miranda. O primeiro deles, "Mi Re La", resultou gañador do premio do xurado do Festival de Cans 2017 ao mellor videoclip[5]. En xaneiro de 2018 ve a luz o seu primeiro álbum, "Volve a canción protesta", gravado e producido por Hevi (Fluzo, Malandrómeda) no Laboratorio Soyuz[6].

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Cancións por se non te quere xa (EP; autoeditado, 2016)
  • Mi Re La / Nunca Máis (sinxelo; autoeditado, 2017)
  • Volve a canción protesta (LP; autoeditado, 2018)

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Oh Ayatollah!: “A filosofía é moi semellante entre o indie máis pureta e o trap”". Compostimes. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2018. Consultado o 2018-01-24. 
  2. Musica, GZ. "As branquias absurdas de Oh Ayatollah!". GZmusica.com - Músicas da Galiza. Consultado o 2018-01-24. 
  3. "Cancións por se non te quere xa, by Oh! Ayatollah". Oh Ayatollah. Consultado o 2018-01-24. 
  4. "Nunca Máis / Mi Re La, by Oh! Ayatollah". Oh Ayatollah. Consultado o 2018-01-24. 
  5. "El videoclip "Mi Re La" gana el concurso con una versión a la gallega de los Beastie Boys". Faro de Vigo. Consultado o 2018-01-24. 
  6. "Volve a canción protesta, by Oh! Ayatollah". Oh Ayatollah. Consultado o 2018-01-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]