Familia Caamagno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Familia Caamagno
OrixeSigüeiro, Galicia Galicia
Período2011 -
Xénero(s)rock garage
Selo(s) discográfico(s)Tremendo Audiovisual
MembrosToni
Lano
Francesco
Jess
Manuele
Na rede
https://familiacaamagno.bandcamp.com/
Twitter: Familiacaamagno Instagram: bqtc9hmfc0a Youtube: UCpF-QNVycW_9Z-83bCykqAg Editar o valor em Wikidata

Familia Caamagno, é unha banda galega de rock creada en Sigüeiro (Oroso) no ano 2011.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 2012 editaron os seus dous primeiros traballos, o primeiro deles de título homónimo, Familia Caamagno, e un sinxelo Cantan polo Nadal!. Aparicións na TVG e as boas críticas dos medios especializados fixeron que conseguiran un oco na axenda musical galega ao longo do ano 2013, en moitos casos da man do grupo Terbutalina. Remataron este ano de maneira triunfal levando o primeiro premio no Concurso de bandas da Deputación da Coruña.

No ano 2014 publicaron o disco Hai que andar cos tempos!, gravado os días 14 e 15 de setembro de 2013 nos estudos analóxicos Circo Perrotti de Xixón. Neste disco combinan cinco traballo propios, entre o pop dalgunhas cancións e o rock'n'rol bailábel doutras, e a adaptación da canción "Poison Ivy" de The Coasters. O proceso de gravación foi dirixido por Jorge Explosión e editado pola discográfica compostelá Lixo Urbano en formato de disco compacto e vinilo de 12”.

En 2022 foron Premio Martín Códax da Música.

Compoñentes[editar | editar a fonte]

  • Toni Caamagno: Batería e coros
  • Lano Caamagno: Guitarra
  • Francesco Caamagno: Guitarra e coros
  • Jess Caamagno: Guitarra
  • Manuele Caamagno: Voz e saxofón

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]