The Gift
| The Gift | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
|
Caracterizado por
| |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Premios | |||||||
|
Premios
| |||||||
|
Nomeamentos
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
The Gift é unha banda portuguesa de lounge, que fan un pop electrónico cun toque melódico.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundado en 1994 en Alcobaça é un dos mellores expoñentes da música portuguesa actual. O seu éxito mesmo traspasou as fronteiras portuguesas, algo nada fácil para as bandas pop deste país.
No ano 2005 gañaron o "MTV Europe Award for Best Portuguese Act" e o "Prémio Arco-íris" entregado pola asociación ILGA Portugal, recoñecendo a contribución na loita contra a discriminación e a homofobia.
Habitualmente cantan en inglés, aínda que no último disco teñen algún tema en portugués, como o que dá nome ao álbum Fácil de entender ou unha versión de "Índios", unha canción do grupo brasileiro Legião Urbana.
The Gift en Galicia
[editar | editar a fonte]
Os The Gift actuaron varias veces en Galicia, algúns exemplos destas actuacións son:
- Carballo, 2003
- Santiago de Compostela, 2005
- Vigo, 2005
- Festival Dolorock'07, celebrado en Mosteiro-Meis, 2007
- Pop in Noia, Noia, 2007
- Vigo Tr4nsforma, Vigo, 2011
Membros do grupo
[editar | editar a fonte]Os integrantes dos The Gift son:
- Sónia Tavares: vocalista
- Nuno Gonçalves: teclista
- John Gonçalves: teclista e Baixista
- Miguel Ribeiro: guitarrista, Baixista
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Digital Atmosphere (demo tape sen versión comercial, 1997)
- Vinyl (1998)
- Film (2001)
- AM-FM (2004; O tema "11:33", está presente no xogo FIFA 06)
- Fácil de Entender (2006)
- Explode (2011)
Sinxelos
[editar | editar a fonte]Do álbum Vinyl
- Ok! Do you want something simple? (1999)
- Real (Get Me For...) (1999)
- Truth (2000)
Do álbum Film
- Waterskin (2001)
- Question of love (2001)
Do álbum AM-FM
- Driving You Slow (2004)
- 11:33 (2005)
- Music
Do álbum Fácil de Entender
- Fácil de Entender (2006)