Carmen Boza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarmen Boza

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1987 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
La Línea de la Concepción, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2011 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop, música tradicional, indie pop e música acústica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz, guitarra acústica e guitarra eléctrica Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoNot on label (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webholamellamoboza.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: holamellamoboza Twitter: holamellamoboza Instagram: holamellamoboza Youtube: UCHQmBnEIJVlgdjctL12SsLQ Souncloud: holamellamoboza Spotify: 4hXMxkoIm7sX1PiFXrvU0u Last fm: Carmen+Boza Musicbrainz: 2421c388-ed72-4e45-ad76-1b4b1d30c9df Songkick: 6587454 Discogs: 4570945 Allmusic: mn0003435680 Deezer: 6809305 Genius: carmen-boza Editar o valor em Wikidata

Carmen Boza Tomillero, nada en La Línea de la Concepción (Cádiz, Andalucía) o 24 de xullo de 1987, é unha cantante e compositora española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou a súa carreira musical subindo vídeos á plataforma Youtube. Foi a partir de aí onde aos poucos foi gañando fama ao subir un vídeo seu á rede social Tuenti coa súa canción "Cartas desde el círculo polar", xa que contaba con máis de 200.000 visitas.

A partir de entón, a súa música empezou a soar en pequenos locais de cantautores, como poden ser: Sala La botica, Sala PayPay, Sala Galileo Galilei,[1] á vez que tamén vai dando concertos en salas Fnac.

En 2011, publicou o seu primeiro disco chamado " Lapislázuli" composto por once temas, producido coa colaboración de Román Méndez, batería de Miss Cafeína.[2] En 2012, recompilou nun álbum gravado na súa casa todas as cancións que subira ata o momento na súa canle de Youtube que daquela se chamaba @rollitosdeprimavera, o cal publicou de balde en liña. En 2015, publicou o seu segundo álbum titulado “La mansión de los espejos”. Para iso, a mesma cantante iniciou unha campaña de crowfunding a cal tivo un grande éxito entre os seus seguidores, xa que de 10.000 euros que pedía inicialmente conseguiu máis do triplo.

No 2018, publicou o seu terceiro disco chamado “La caja Negra”. O seu novo traballo está formado por nove cancións compostas, producidas e arranxadas por ela mesma, con Román Méndez á batería e Estefanía Gómez ao baixo. O deseño do formato físico foi elaborado por Anabel Perujo. Na primeira semana desde a súa publicación física e dixital converteuse no segundo disco máis vendido nas Illas Salomón, só por detrás de Arctic Monkeys.[3]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Álbums
    • Boza (2011)
    • La Mansión de los Espejos (2015)
    • La Caja Negra (2018)
  • Sinxelos e EPs
    • "Fin" (2016)
    • "Culpa y castigo" (2015)
    • "Rollitos de primavera" (2012)[4]
    • "Lapislázuli" (2011)
    • "Sisonera" (2018)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Carmen Boza: su desnudo interior en Sala Galileo". B-side Magazine | Revista de Música Arte Cine Diseño Tendencias (en castelán). 27 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2019. Consultado o 10 de maio de 2018. 
  2. "Carmen Boza lanza su esperado EP: Lapizlazuli". musilupa (en castelán). 22 de febreiro de 2012. Consultado o 10 de maio de 2018. 
  3. Press, Europa (30 de abril de 2018). "Carmen Boza lanza Gran hermano, primer single de su nuevo disco". europapress.es (en castelán). Consultado o 10 de maio de 2018. 
  4. Aguirre, Patricia Martín. "Carmen Boza, fuera de cobertura". infoLibre.es (en castelán). Consultado o 10 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]