Esposa é un grupo galego de música pop formado en 2014 en Santiago de Compostela. Está formado por Mar Catarina (sintetizador), Cibrán Tenreiro (voz e batería), María Villamarín (voz e sintetizador) e Xacobe González (voz e guitarra). O seu estilo musical foi definido "entre o C86 e o garage minimalista"[1].
O grupo ten a súa orixe en 2014, nun acompañamento para a poeta Eba Reiro por parte de Cibrán e Xacobe, co nome de Eba Reiro y Esposa.
En 2016 editaron o EP Señor de, autoeditado, con portada de Leo Sousa. En 2017 publicaron o disco Xardín interior, que incluía as catro cancións de Señor de. O disco, producido por Bobby Perú e con portada de Mar Catarina, foi gravado e mesturado por Ibán Pérez en Estudio Terraforma (O Hío) e masterizado por Martin Ballesta en Last Punch Mastering (Glasgow). O disco inclúe unha versión de Fantasmage, "Vaciada", no que Ibán Pérez toca a trompeta e sintetizadores.
En 2017 representaron Galiza no festival Suns Europe, dedicado ás artes escénicas en linguas minoritarias, que se celebrou en Udine[2].