Emilio José

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emilio José
Nacemento1984
 Melón
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Emilio José González Pérez, chamado Emilio José, nado en Quins (Melón), en 1984, é un músico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con vinte anos botou a andar o grupo de música pop Apeiron, en Ribadavia, con Belén Rodríguez e Álvaro Lorenzo. Nel ocupábase dos teclados, do baixo e das percusións, onde mesturaba elementos metálicos con caixas de cartón[1]. En 2009 debutou en solitario, aos teclados e como vocalista, co álbum Chorando apréndese. Ese ano foi un dos discos revelación en España[2][3], e serviulle para dar unha ampla xira de concertos por Galicia e España.

Estudou Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela.

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Apeiron[editar | editar a fonte]

  • Todo sigue intacto, 2002

En solitario[editar | editar a fonte]

  • Chorando apréndese, 2009
  • Agricultura livre, 2015
  • Ilhas Virgens, 2016
  • Nativos Digitais, 2017
  • VIAJAR AGADÊ , 2017

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]