Malandrómeda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Malandrómeda
Malandrómeda en concerto en Boiro (2010)
OrixeSantiago de Compostela, España
Período2005 - actualidade
Xénero(s)rap
Selo(s) discográfico(s)Temazo.org, Matapadre
MembrosHevi
Antigos membrosCaldeirada, Máster do Son
Artistas relacionadosFluzo, Non Residentz, Fodi & Barbaconna, Juanito Broders
Na rede
http://malandromeda.com/
Musicbrainz: 4089db6b-5701-495c-99fd-8bca1e58f015 Songkick: 4912958 Discogs: 3016850 Genius: Malandromeda Editar o valor em Wikidata

Malandrómeda é un grupo de rap compostelán formado por Hevi e diferentes colaboradores.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hevi e Caldeirada formaron Malandrómeda a finais do ano 2005, tras colaborar na gravación de dous temas para o colectivo Higher Club no programa de radio La Caraba de RadioVoz.[1] En abril de 2006 publicaron o seu primeiro disco baixo o título Os estranos sempre traen malas novas. Este longa duración foi publicado unicamente en formato dixital vía Internet.[1] Foi acompañado de ilustracións de once artistas, cada unha facendo referencia a cada un dos temas do disco.

O 11 de xuño de 2006 Temazo.org publicou o vinilo de 10 polgadas titulado Chegan tarde EP, formado por catro temas.[1][2] En 2008 publicaron o single de 7 polgadas 7" contando con DJ Oso para as mesturas e scratches.[1] Este vinilo publicouse en formato Picture disc en edición limitada a numerada. A súa portada foi realizada cun deseño 3D para ser visualizada cunhas lentes 3D, as cales se incluíron de regalo.[3][4]

En 2011 lanzaron o maxi single Que nos leve pra diante en vinilo de 12 polgadas de cor branca,[5] formado por dous temas, dous rémixes de Kaze e Mou, unha instrumental e unha pista de batalla.[6][7] Tras este traballo o grupo sufriu unha parada en canto a publicacións a raíz de motivos persoais.[3]

O 26 de febreiro de 2016 o selo discográfico Matapadre editou simultaneamente os discos Os corenta e oito nomes do inimigo e Cada can que lamba o seu carallo, tanto en vinilo coma en dixital. Estes dous longa duración foron autoproducidos entre 2012 e 2015.[8] Estes traballos foron creados baixo dous conceptos diferenciados: o primeiro toca temáticas intimistas e melancólicas e o segundo recompila temas máis festeiros e coloristas.[4] Caldeirada foi substituído por O Máster do Son para ocuparse da parte musical.[9] O deseño dos traballos correu por parte de BlueMouse e Sokram (Mutante Creativo).[10] A revista musical Rockdelux nomeou este dobre traballo como o mellor álbum nacional do ano 2016.[11]

A presentación deste dobre disco foi o día 27 de febreiro de 2016, realizada nunha ruta por catorce bares de Santiago de Compostela na que interpretaron un tema en directo en cada un deles. Esta presentación foi chamada De chea con Malandrómeda.[12] O primeiro videoclip extraído de Os corenta e oito nomes do inimigo foi "VHS do futuro", publicado o 10 de febreiro de 2016 e realizado por Música Prepost (Fran Torres e Pablo Peña).[13]

Hevi en concerto con Malandrómeda en Lugo (2016)
Máster do Son en concerto con Malandrómeda en Lugo (2016)

En 2017 gañaron o premio ao mellor grupo na categoría hip-hop/músicas urbanas dos Premios Martín Codax da Música.[14][15]

Discografía[editar | editar a fonte]

Os Estranos Sempre Traen Malas Novas[editar | editar a fonte]

Formato LP; autoeditado, 2006

N.º TítuloMúsica Duración
1. "TaChovendoMerda"  Malándromeda 03:43
2. "Apura"  Malándromeda 04:41
3. "AquelGrupo"  Malándromeda 05:46
4. "OsSeñoresDaGuerra"  Malándromeda 03:55
5. "Oasis"  Malándromeda 03:18
6. "AsLupasDeVerPorDentro"  Malándromeda 05:51
7. "HarryOTolo"  Malándromeda 03:50
8. "Noite"  Malándromeda 03:43
9. "DuasTintas"  Malándromeda 05:31
10. "OMalDasAlturas"  Malándromeda 02:45
11. "UnHomeTransparente"  Malándromeda 04:31

Chegan Tarde EP[editar | editar a fonte]

Formato EP; Temazo.org, 2006

N.º TítuloMúsica Duración
1. "Supercan"  Malándromeda 04:21
2. "DesexoDeMorte"  Malándromeda 02:58
3. "MamaMandanga"  Malándromeda 04:39
4. "PaseoNoFume"  Malándromeda 04:11

7"[editar | editar a fonte]

Formato Maxi single; Temazo.org, 2008

N.º TítuloMúsica Duración
1. "FestaMalandromica"  Malándromeda 05:12
2. "VidaExtra"  Malándromeda 04:55

Que nos leve pra diante[editar | editar a fonte]

Formato Maxi single; Temazo.org, 2011

N.º TítuloMúsica Duración
1. "QueNosLevePraDiante"  Malándromeda 04:01
2. "QueNosLevePraDiante_KazeRMX"  Malándromeda e Kaze 04:12
3. "OCobradorDoFrac(MouRMX)"  Malándromeda e MØU 05:32

Os corenta e oito nomes do inimigo[editar | editar a fonte]

Formato LP; Matapadre, 2016

N.º TítuloMúsica Duración
1. "Chegar e encher"  Malándromeda 02:52
2. "Encontro con _!@#$%!!"  Malándromeda 02:35
3. "Pelegrín, pelegrín, pelegrín"  Malándromeda 04:39
4. "VHS do futuro"  Malándromeda 03:46
5. "Internete non existe"  Malándromeda 03:19
6. "Paso entre o barullo e non me cheiras"  Malándromeda 02:08
7. "A enerxía cinética non vai impedir isto"  Malándromeda 03:45
8. "Ti e máis eu"  Malándromeda 03:31
9. "Os teus bicos xa non me saben"  Malándromeda 03:16
10. "Facédesme parvo"  Malándromeda 03:04
11. "Emerxencia"  Malándromeda 02:43

Cada can que lamba o seu carallo[editar | editar a fonte]

Formato LP; Matapadre, 2016

N.º TítuloMúsica Duración
1. "Os calcetís de Drácula"  Malándromeda 04:04
2. "Que prea!"  Malándromeda 02:39
3. "Osborne"  Malándromeda 03:52
4. "Máis millor"  Malándromeda 04:59
5. "Bótalle caldo (cumbia malandra)"  Malándromeda 03:07
6. "Golibuz"  Malándromeda 03:43
7. "Bum-Xanca"  Malándromeda 04:12
8. "Estimulancias"  Malándromeda 03:33
9. "Levaetrae"  Malándromeda 03:54
10. "A porta Liebezeit"  Malándromeda 03:22

Animais da feira[editar | editar a fonte]

Formato EP; 2020

N.º TítuloMúsica Duración
1. "Hoxe dormes fóra"  Malándromeda 04:28
2. "Xigantes e cabezudos"  Malándromeda 03:47
3. "Catro agullas pra unha bolboreta"  Malándromeda 03:41
4. "Galician Edi Murfi"  Malándromeda 02:53

San Amaro[editar | editar a fonte]

Formato EP; 2020

N.º TítuloMúsica Duración
1. "Días libres"  Malándromeda 05:39
2. "Nin barco nin hostias"  Malándromeda 05:10
3. "Unha casa no camposanto"  Malándromeda 04:19
4. "Quero nécoras"  Malándromeda 04:18

San Amaro REMEXIDO[editar | editar a fonte]

Formato EP; 2021

N.º TítuloMúsica Duración
1. "Días libres (Remexido por Santomé)"  Malándromeda e Santomé 05:26
2. "Nin barco nin hostias (Remexido por ArreOh!)"  Malándromeda e ArreOh! 05:34
3. "Unha casa no camposanto (Remexido por Susiño do Vocoder)"  Malándromeda e Susiño de Vocoder 07:15
4. "Quero nécoras (Remexido por MØU)"  Malándromeda e MØU 04:13

No inferno das ideas[editar | editar a fonte]

Formato EP; 2021

N.º TítuloMúsica Duración
1. "O recibiño"  Malándromeda 03:04
2. "No inferno das ideas"  Malándromeda 03:47
3. "Sonata número 300"  Malándromeda 04:09
4. "Iso perdímolo hai tempo"  Malándromeda 06:28

Rapeiradas[editar | editar a fonte]

Formato EP; 2022

N.º TítuloMúsica Duración
1. "Pepe Caralladas"  Malándromeda 05:09
2. "Trampa pra turistas"  Malándromeda 06:00
3. "Furricón emocional"  Malándromeda 06:50
4. "AP9"  Malándromeda 03:53

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/hip-hop-de-frescor-organico/idEdicion-2011-03-11/idNoticia-648030/ Arquivado 26 de decembro de 2019 en Wayback Machine. Hip hop de frescor orgánico
  2. http://malandromeda.bandcamp.com/releases Chegan tarde en bandcamp.com
  3. 3,0 3,1 Fernández Rego, Fernando (2017-02). "Malandrómeda. Volando alto". Rockdelux (358). 
  4. 4,0 4,1 http://labranzameiro.blogspot.com.es/2016/03/malandromeda-venres-18-22h-5.html
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2016. Consultado o 15 de xuño de 2016. 
  6. http://malandromeda.com/23-adelanto-del-adelanto/
  7. http://emundial.org/2011/2011/06/20/hevi-e-caldeirada-malandromeda-queremos-que-nos-escuitem-em-pernambuco-kansai-escocia-ou-cacheiras/ Hevi e Caldeirada (Malandrómeda): Queremos que nos escuitem em Pernambuco, Kansai, Escócia ou Cacheiras
  8. http://www.rockdelux.com/audio-video/p/malandromeda-os-corenta-e-oito-nomes-do-inimigo.html MALANDRÓMEDA - Os corenta e oito nomes do inimigo
  9. http://www.ultrasonica.info/malandromeda/
  10. https://issuu.com/mondosonoro-gal_cyl/docs/237msogal
  11. Spain, ROCKDELUX, Barcelona,. "Malandrómeda. "Os corenta e oito...". ROCKDELUX (2016)". ROCKDELUX. Consultado o 2017-02-11. 
  12. http://pentavox.net/2016/04/13/malandromeda-la-antientrevista/ Arquivado 24 de abril de 2016 en Wayback Machine. Malandrómeda, la antientrevista
  13. http://www.rockdelux.com/audio-video/p/malandromeda-vhs-do-futuro.html Malandrómeda, VHS do futuro
  14. "Os Premios Martín Códax proclaman mellor festival galego o Surfing the Lérez". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2017-05-14. 
  15. vivo, Músicos ao. "IV Premios Martín Códax da Música". www.premiosmartincodaxdamusica.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2018. Consultado o 2017-05-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]