Marem Ladson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marem Ladson
MAREM LADSON.jpg
Nacemento18 de outubro de 1997
 Ourense
Ocupacióncantante
editar datos en Wikidata ]

Marem Isabel Ladson Bugallo, nada o 18 de outubro de 1997 en Ourense,[1] é unha cantante e compositora galega-estadounidense máis coñecida como Marem Ladson.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla dunha xornalista e profesora ourensá e do xogador de baloncesto neoiorquino Willie Ladson, que xogou no Club Ourense Baloncesto.[2] Comezou a escribir cancións e a tocar a guitarra con 9 anos e con 15 mudouse de Ourense para vivir en Houston, en Texas.[3] Posteriormente regresou a Ourense e marchou a Madrid para estudar Relacións Internacionais.[3] En 2017 acadou recoñecemento profesional grazas ao seu primeiro sinxelo "All My Storms".[4] En maio de 2018 lanzou o seu primeiro álbum de estudio titulado Marem Ladson.[3]

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jiménez Foronda, Sergio (6 de xaneiro de 2019). "Marem Ladson pide un panorama máis actual". Faro de Vigo. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  2. lafonoteca.net (ed.). "Marem Ladson". Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Sixto, Laura (17 de decembro de 2018). balea.gal, ed. "Marem Ladson, unha artista millenial cunha música que busca facer universal". Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  4. cultura.gal (ed.). "Marem Ladson". Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  5. mntventoux.com (ed.). "Marem Ladson". Consultado o 14 de febreiro de 2020.