Moondogs Blues Party

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Moondogs Blues Party
OrixeA Coruña, Galicia Galicia
Período2006-2016
Xénero(s)Blues, folk americano, soul e psicodelia
Selo(s) discográfico(s)Gaztelupeko Hotsak
MembrosJavier Prado, Javi Campello, Iria Novo, Javier "Pera", Alicia Valle, Mateo Naval, Marcos Maoxu, Adrián Lage, Kevin Traba, Fernando Raño, Ismael Carnero.
Páxina webhttp://www.moondogsbluesparty.com/

Moondogs Blues Party é un grupo musical galego de blues, folk americano, soul e psicodelia. Formouse na Coruña en 2006 e disolveuse en 2016.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A banda foi creada polo músico coruñés Javier Prado, partindo da gravación do disco O Cadelo Lunático que el mesmo autoeditou durante o ano 2006 cunha licenza Creative Commons e que sairía a luz no ano 2007 coa netlabel galega A Regueifa.

No ano 2007 o disco O Cadelo Lunático gaña o premio TALENTOS 2007 do xornal ELPAÍS ao mellor disco amateur do ano. Durante o 2008 o grupo embárcase na súa "Xira Lunática 2008" que lle leva a presentar o disco por toda Galicia e Portugal. Mentres O Cadelo Lunático segue o seu camiño e vai directamente a Cannes a participar no MIDEM 2008, chegando tamén a Canadá a través da distribuidora Kerf Music. Ademais ese mesmo ano o productor norteamericano Kris Kaczor pídelles o tema Walking night in Mississippi para un DVD documental do Instituto de Historia de América sobre a escravitude.

En 2008 tamén clasifícase para ás semifinais do International Songwriting Competition en Nashville entre máis de 15.000 artistas de todo o mundo e contando con Tom Waits e John Mayall no xurado.

No ano 2011 gravan Thirty Roads en Abrigueiro Estudios xunto ao productor Arturo Vaquero e Jahel Piñeiro, disco que sairá co selo discográfico vasco Gaztelupeko Hotsak.

No ano 2013 volven a gravar neste caso o EP Through the darkness of the forest, nos Litium Estudios con Rafa Darrosa.

Compoñentes do grupo[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]