Kiko Veneno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKiko Veneno

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José María López Sanfeliu Editar o valor em Wikidata
3 de abril de 1952 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Figueres, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , cantante Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoWarner Music Group Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 de outubro de 2017Andalucía polo diálogo Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webkikoveneno.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0893022 Twitter: kikoveneno Musicbrainz: f1899faf-50de-4bf5-9939-bb2e720e629b Songkick: 42748 Discogs: 367580 Allmusic: mn0000092684 Genius: Kiko-veneno Editar o valor em Wikidata

José María López Sanfeliu, nado en Figueres, Xirona, o 3 de abril de 1952, máis coñecido como Kiko Veneno, é un músico español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de militar e ama de casa, naceu en Figueres, creceu en Cádiz e reside desde hai moitos anos en Sevilla. Estudou Filosofía e Letras e viaxou por Europa e os Estados Unidos, onde asistiu a concertos de artistas que o influíron, como Frank Zappa ou Bob Dylan, pero, curiosamente, tamén alí descubriu (ou redescubriu) o flamenco. En 1975, nun encontro que cambiará a súa vida, coñeceu os irmáns Rafael e Raimundo Amador, cos que formou o grupo Veneno. En 1977 publicaron un disco titulado co nome do grupo e producido por Ricardo Pachón. Aínda que non tivo gran repercusión no seu momento, está considerado na actualidade un disco fundamental da música española.

En 1979 colaborou no disco La leyenda del tiempo, de Camarón de la Isla. As achegas dos mozos Veneno no resultado final deste disco foi importante e vital. Eran momentos de cambio. Paco de Lucía percorría o mundo en solitario, e Camarón fichara a Tomatito, moi novo e ata ese momento descoñecido. Ricardo Pachón comezou a darlle voltas ó asunto e Kiko díxolle: "Por que non collemos estrofas de Lorca, aínda que sexan de diferentes poemas, e lle damos á súa poesía a música flamenca que está pedindo a gritos?". E así empézase a traballar. Kiko foi recoñecido sobre todo por ser o autor de Volando voy, aínda que tamén participou noutros temas do disco: Mi niña se fue a la mar (letra de García Lorca e música de R. Pachón e Kiko Veneno), Viejo Mundo (letra de Omar Kayan e música de Kiko Veneno) e Homenaje a Federico (letra de García Lorca e música de R. Pachón e Kiko Veneno).

En 1982 publicou o seu primeiro álbum en solitario, Seré mecánico por ti, producido por José Luis de Carlos, tralo que seguirían outros, sen obter gran repercusión comercial. Durante os 80 fixo cancións para Martirio, á que tamén lle produciu o seu primeiro disco, e realizou varias colaboracións co programa de televisión La Bola de Cristal como compositor e cantante. Así e todo, non conseguira vivir profesionalmente da música e compaxinaba os seus labores artísticos cun posto de programador cultural na Deputación Provincial de Sevilla.

En 1992 asinou un contrato coa discográfica BMG-Ariola e comezou unha nova etapa na súa carreira, quizais a de maior éxito comercial, coa publicación dos álbums Échate un cantecito (1992) e Está muy bien eso del cariño (1995), ambos producidos por Joe Dworniak. O primeiro deles, co apoio decisivo de Santiago Auserón, sacou a Kiko Veneno do malditismo grazas a cancións como Echo de menos, Lobo López, Joselito ou En un Mercedes blanco, que se converteron en éxitos e lle permitiron dedicarse en exclusiva á música. Para presentar este disco, realizou a xira Kiko Veneno y Juan Perro vienen dando el cante, onde tamén participan, entre outros, Raimundo Amador e Luis Auserón. En canto ó disco Está muy bien eso del cariño, de 1995, destaca o deseño da cuberta, realizado por Javier Mariscal, e a presenza da guitarra flamenca de Raimundo Amador, que, xunto coa produción de Dworniak, confire ó disco un son totalmente único. Temas destacables son Viento de poniente, Memphis blues, Casa cuartel ou Lince Ramón.

En 1992 Kiko apadriñou o nacemento dun grupo que se ía chamar Mártires del Compás, formado por Chico Ocaña, Raúl Rodríguez e José Caraoscura. Desacordos entre Ocaña e Kiko provocaron, porén, que o grupo se separase en dous: Ocaña apropiouse do nome do grupo e continuou en solitario, e Raúl Rodríguez e José Caraoscura (con Kiko na sombra) formaron Caraoscura. Estes publicaron un disco en 1995 titulado ¿Qué es lo que quieres de mí?.

En 1999 visitou Arxentina para dar unha serie de tres concertos en "La Trastienda", cun singular éxito de crítica e de público. Malia todo, a compañía para a que traballaba non satisfacía o artista, que pediu inutilmente que a súa música se editase tamén noutros países da zona e de Europa. Tras outros tres discos de longa duración, Kiko precipitou o final do seu contrato con Ariola (afirmaría máis tarde que o pouco apoio da compañía foi o que impediu que fixese máis álbums da calidade de Échate un cantecito e Está muy bien eso del cariño) e decidiu que a partir dese momento tódolos seus discos serían editados e comercializados por el mesmo, tanto por medio da distribución tradicional, como aproveitando as oportunidades que ofrece Internet, a través do seu selo, ELEMÚSICA. O primeiro disco deste proxecto musical e empresarial foi Gira mundial, gravado xunto a Pepe Begines (de No Me Pises Que Llevo Chanclas). Despois realizou a produción, xunto con Charlie Cepeda -produtor de Las Niñas e músico habitual de Kiko-, do primeiro disco en solitario de Pepe Begines: Mi propia película.

Kiko Veneno (2019).

En setembro de 2005 publicou El hombre invisible despois de case dous anos de proceso. Pouco a pouco, foron creando o que Kiko tiña na cabeza: primeiro remataron de remendar as maquetas, gravando un pouco, cambiando cada día outro tanto (vantaxes ou loucuras de traballar no seu propio estudio); despois Charlie Cepeda empezou a elixir, a darlle unha dirección máis precisa ó conxunto; e por último gravouse, cunha minuciosidade inqueda, ata que se foi enxergando o que levaba tanto buscándose. Destaca a participación e a achega de Jackson Browne en Hoy no, canción homenaxe a Lennon e ó pacifismo; a de Jorge Drexler en Inspiración, pregaria en busca de beleza; e a guitarra de Raimundo Amador en Satisfacción.

En 2006 formou xunto con Los Delinqüentes, Tomasito e Muchachito Bombo Infierno o grupo G5. O seu primeiro disco foi facéndose en sesións dispersas pero concentradas. As cancións foron fillas de todos, foron concibidas sobre a marcha e saíron soas. Tucaratupapi, contén o sinxelo 40 forajidos. Tamén cabe destacar Calla, a achega máis clara de Kiko a este disco.

A finais do 2007 Kiko comezou un pequeno periplo internacional de concertos. Foi primeiro a México, onde ás veces coincidiu con Los Delinqüentes. Alí tocou en Guadalaxara, en León e en México DF. Despois viaxou a California, onde o seu amigo Jackson Browne lle brindou a oprotunidade de compartiren escenario. Tocaron xuntos en Santa Bárbara, no Lobero Theatre, e no Temple Bar.

En decembro, o seu grupo La Banda del Retumbe trasladouse ata Vilnius (Lituania) e o ano 2007 iniciárono en Nova York, onde Kiko tocou no mítico The Knitting Factory, grazas ó seu colega Jonathan Richman, que o invitou a compartir o seu espectáculo.

Discografía[editar | editar a fonte]

Veneno[editar | editar a fonte]

  • Veneno (CBS, 1977).
  • El pueblo guapeao (Twins, 1989).

Kiko Veneno[editar | editar a fonte]

  • Seré mecánico por ti (Epic, 1981).
  • Si tú, si yo (Epic, 1984) - maxisinxelo.
  • Pequeño salvaje (Nuevos Medios, 1987).
  • Échate un cantecito (BMG Ariola, 1992).
  • Está muy bien eso del cariño (BMG, 1995).
  • Punta Paloma (BMG, 1997).
  • Puro veneno (BMG, 1998). Recompilación dos seus éxitos gravados de novo, algúns deles interpretados a dúo con outros artistas. Tamén inclúe dúas cancións escritas por el pero nunca antes gravadas co seu nome: Volando voy e Los mánagers.
  • La familia pollo (BMG, 2000).
  • El hombre invisible (Nuevos Medios, 2005).
  • Dice la Gente (Warner, 2010).
  • Sensación térmica (Warner, 2013).

Kiko Veneno e Pepe Begines[editar | editar a fonte]

  • Gira mundial (Elemúsica, 2002).

Compilacións[editar | editar a fonte]

  • Un ratito de gloria (BMG, 2001). Inclúe unha canción que non aparece en ningún dos seus outros álbums: Torrente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]