Saltar ao contido

Escuchando Elefantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escuchando Elefantes
Actuación de Escuchando Elefantes na Coruña
Xénero(s)folk-rock, pop
MembrosSilvia Rábade
Carlos Tajes
Na rede
escuchandoelefantes.com

Escuchando Elefantes é un dúo galego de folk-rock e pop formado por Silvia Rábade e Carlos Tajes. Son coñecidos por compaxinar as súas xiras con actuacións espontáneas na rúa.[1][2][3] Publicaron varios álbums e sinxelos, con videoclips premiados internacionalmente.[4]

Na súa carreira actuaron con músicos como Bono (U2), Glen Hansard, Sinéad O'Connor e Damien Rice entre outros.[5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Silvia Rábade e Carlos Tajes comezaron na Coruña en 2006 a súa aprendizaxe musical xuntos e en pouco tempo comezaron a compoñer as súas primeiras cancións, dando o seu primeiro concerto co nome de Escuchando Elefantes.[6] En 2010, Glen Hansard e Markéta Irglová, gañadores dun Óscar polo filme Once atoparon o dúo mentres ofrecían un concerto no centro de Donostia e esa mesma noite convidáronos a compartir con eles escenario no Teatro Victoria Eugenia, onde interpretaron "The Rain" con The Frames, banda referencia para o grupo.[1]

En 2012 publicaron o seu primeiro disco, Show & Tell, de maneira totalmente independente. O álbum foi ben recibido pola crítica[7][8] e levou o grupo a realizar xiras por España, Francia, Irlanda, Reino Unido e Portugal. Durante este proceso actuaron tamén como abreconcertos para artistas como Glen Hansard, Paddy Casey, Declan O’Rourke ou Cathy Davey. Tamén participaron en festivais como o Noroeste Pop Rock,[9] ou o BBK Live ademais de actuar en salas como Vicar Street.

O seu segundo álbum, Happy Lonely People, foi gravado en 2014 e contou con colaboracións de músicos como Rob Bochnik e Paddy Casey.[10] Os videoclips foron candidatos a premios internacionais e gañaron o galardón a mellor videoclip nos Premios Mestre Mateo 2014.

En 2016 publicaron os dous primeiros avances do seu seguinte álbum[11][12][6] e anunciaron un novo formato, tocando ambos tanto guitarra como batería e dando un cambio máis eléctrico ao seu son.[13][14] En marzo de 2017 publicouse o novo álbum co nome de Hope, sendo presentado nunha xira por toda Galicia e España.[15][16]

En novembro de 2017 o grupo sufriu un grave accidente de tráfico en Francia cando se dirixían ao Reino Unido para unha pequena xira.[17] As lesións sufridas obrigaron ao dúo a cancelar esa xira e paralizaron a súa actividade durante máis dun ano.[18] Volveron aos escenarios en febreiro de 2019 cunha xira titulada We are fine, thank you (Estamos ben, grazas).[19]

En febreiro de 2021, case cinco anos despois do seu último disco, publicaron o seu cuarto álbum, o primeiro en castelán, titulado ¿Por qué siempre cantáis en inglés?.[20]

Activismo

[editar | editar a fonte]

Dende 2012 a banda formou parte dun festival benéfico celebrado en Grafton Street (Dublín)​ organizado por Glen Hansard para reunir fondos para a Simon Community e outras asociacións sen ánimo de lucro.[21] Neste evento téñense reunido con músicos irlandeses como Bono, Sinéad O'Connor, Damien Rice, Hozier ou The Script entre outros.[22]

Ademais teñen participado noutos actos benéficos como o Festival da Luz ou a campaña Kiss Goodbye to MS, a prol da investigación da esclerose múltiple, e en actividades como as TedTalks.[23]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Show & Tell (2012)
  • Happy Lonely People (2014)
  • Hope (2017)
  • ¿Por qué siempre cantáis en inglés? (2021)
  • The Rain (2012)
  • Forever Young (2012)
  • Sing Me a Song (2013)
  • Garden's Road (2014)
  • Robin (2014)
  • Anyway (2016)
  • There'll Be Joy (2016)
  • Burning Inside (2017)
  • Ahora (2020)
  • Valiente disonante (2020)
  • Falsa vanidad (2020)

Colaboracións

[editar | editar a fonte]
  • Willing and Waiting (con Paddy Casey, 2014)
  1. 1,0 1,1 Estévez, Jose Luis (8 de febreiro de 2012). "De la calle al escenario". El País (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2012. 
  2. Caruncho, Jacobo (21 de novembro de 2014). "Escuchando Elefantes, de la calle del Príncipe de Vigo al escenario". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  3. vTelevision. "Escuchando Elefantes convierte la calle en su gran escenario". VTelevision. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  4. Portabales, Pablo (5 de setembro de 2014). "Escuchando Elefantes en el Teatro Colón". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 
  5. "El grupo coruñés Escuchando Elefantes tocó con Bono de U2 en la Nochebuena de Dublín". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de decembro de 2015. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 "El dúo coruñés Escuchando Elefantes presenta el primer single de su nuevo álbum". La Opinión A Coruña (en castelán). 17 de outubro de 2016. Consultado o 11 de setembro de 2020. 
  7. "Mondo Sonoro Galicia - Castilla y León Nº 198 / Septiembre 2012". issuu. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  8. "Escuchando Elefantes: Un proyecto de vida a pie de calle. | Corrientes Circulares". www.corrientescirculares.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  9. "De la Plaza de Lugo al Noroeste". La Voz de Galicia (en castelán). 9-8-2012. Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 
  10. "Crónica de un éxito anunciado: Escuchando Elefantes". El Ukelele (en castelán). 18 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  11. "‘There’ll Be Joy’ nuevo adelanto de Escuchando Elefantes". Colectivo de Raro Propósito. 29 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  12. "O dúo galego Escuchando Elefantes lanza 'There'll Be Joy' e continúan obtendo éxitos". www.crtvg.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  13. "“Siempre fui una negada para el ritmo, pero un día, no sé cómo, empecé a tocar la batería”". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  14. "Escuchando Elefantes: videoclip en Ourense para una nueva etapa". La Región (en castelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  15. "Escuchando Elefantes, de gira por Galicia". Faro de Vigo (en castelán). 9 de marzo de 2017. Consultado o 11 de setembro de 2020. 
  16. "«Hope» el tercer álbum de Escuchando Elefantes será presentado en directo en Madrid el 6 de octubre." (en castelán). 11 de setembro de 2017. Consultado o 11 de setembro de 2020. 
  17. Lema, Rafael (2-12-2017). "Aparatoso accidente de la banda Escuchando Elefantes". Adiante Galicia (en castelán). Consultado o 26-12-2017. 
  18. "Escuchando Elefantes vuelve tras su accidente". Faro de Vigo (en castelán). 27 de febreiro de 2017. Consultado o 11 de setembro de 2020. 
  19. ""El accidente ha afianzado la relación con el público"" (en castelán). 5 de outubro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2020. 
  20. Becerra, Javier (19 de febreiro de 2021). "Escuchando Elefantes: «El odio no es algo natural en la gente, sino producto del miedo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  21. "Bono and Hozier take to Grafton Street for Christmas Eve busk". The Irish Times (en inglés). 24 de decembro de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2020. 
  22. "El grupo coruñés Escuchando Elefantes tocó con Bono de U2 en la Nochebuena de Dublín". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de decembro de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2020. 
  23. TEDx Talks (28 de abril de 2016). Burning down the house - Escuchando Elefantes - TEDxGalicia (Youtube). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]