Dover
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2020.) |
Dover |
---|
Dover é unha cidade portuaria importante da Canle da Mancha no condado británico de Kent. A poboación é de 34.200 (en 1991).
Este é o punto de Gran Bretaña máis próximo a Francia e da Europa continental, estando a 34 Km do porto de Calais. Ten sona polas súas fachadas brancas feitas de xiz. As fachadas daranlle a Inglaterra o sobrenome de Albion, que quere dicir "branco".
Debido á súa proximidade coa Europa continental, o porto é un dos mellor fornecidos do Reino Unido, cuns cantos millóns de persoas pasando polo servizo de ferris cada ano.
Topónimo[editar | editar a fonte]
O topónimo actual inglés de Dover ten a súa orixe na voz latina Portus Dubris, de orixe disputada, probablemente britónica. O topónimo evolucionou, pasando por formas como Doverre, até o Dover actual, en uso canto menos dende comezos do século XVII.[Cómpre referencia] Da mesma orixe é o topónimo galego Dubra, que viría do plural dubra do céltico dubron (auga), ou dunha forma feminina dubra, que significaría o mesmo. Terían tamén mesma etimoloxía o río Dobra en Asturias e outros topónimos franceses (Douvres, río Douvre), ingleses, irlandeses e escoceses (Dobhar), alemáns (Tauber, antes Dubra) ou neerlandeses (Doveren)[1].
En galego medieval a localidade recibiu o nome de Dovra ou Doura.
Xeografía[editar | editar a fonte]
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Historia[editar | editar a fonte]
Dover foi un porto importante dende hai séculos. Os romanos foron os primeiros en deixarnos noticia da existencia da cidade, que eles denominaron Dubris. E a cidade era o punto de partida da Watling Street. Pénsase que a zona xa estaba habitada antes do período romano.
Os romanos construíron un faro no lugar onde agora se atopa o Castelo de Dover alá polo ano 50, sendo así un dos edificios máis antigos de Gran Bretaña.
O 26 de maio de 1670 Carlos II de Inglaterra e Luís XIV de Francia asinaron un tratado secreto que fixo cesar as hostilidades entre os seus dous reinos.
Economía[editar | editar a fonte]
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Abelardo Moralejo [cando?] Notas acerca de hidronimia gallega, Universidade de Santiago de Compostela.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dover ![]() |