Anni B Sweet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnni B Sweet

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1987 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
Fuengirola, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositora de cancións Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoFolk Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata

MySpace: annibsweet Spotify: 0S2pLaAtWA8lyNyLSdpnbw Musicbrainz: 6a82f4bf-c956-4e7a-b626-cd569ee26c23 Songkick: 2438136 Discogs: 1790726 Allmusic: mn0002453883 Editar o valor em Wikidata


Ana Fabiola López, nada en Fuengirola (provincia de Málaga) en 1987, é unha cantautora andaluza, máis coñecida como Anni B Sweet. Escribe as súas letras principalmente en inglés (estudou nun colexio británico) e o seu estilo, suave e melancólico, bebe de influencias da música acústica, o folk e o pop indie. Forma parte da corrente de cantautoras folk que se deu en España entre 2008 e 2009 canda a Russian Red, Alondra Bentley, La Bien Querida ou Zahara.[1][2][3][4][5][6]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a compoñer cancións con nove anos. Empezou a estudar Arqutectura en Madrid, e en 2008 comezou a dar concertos en pequenos clubs da capital. Gravou a súa primeira maqueta con Javier Doria (The Melocotons) e Brian Hunt, e conseguiu gañar o concurso de maquetas da revista Mondosonoro.

Fichou polo selo Subterfuge Records e comezou a realizar concertos por toda España. O 28 de abril de 2009 editou o seu primeiro disco, Start, Restart, Undo. O 10 de decembro de 2009 publicouse unha edición especial do disco, cunha versión da canción "Take on me" do grupo "A-ha", utilizada nun anuncio de McDonalds en España.

Tocou en festivais como o Festival Internacional de Benicàssim, SOS '10 ou o Contempopránea, e en países como Francia, Arxentina ou Inglaterra. O 3 de xaneiro de 2011 publicouse o seu disco en Francia, e o 12 dese mes comezou a tocar por Europa no Eurosonic Festival dos Países Baixos, e posteriormente visitou lugares como México, Alemaña, Suíza e o Xapón.

O 24 de abril de 2012 editouse Oh, Monsters!, do que xa tocara algúns temas en directo. O 19 de marzo de 2013 publicouse o EP Ridiculous Games, que incluía unha versión de "Religión" de Lori Meyers. Chasing Illusions, o seu terceiro álbum de estudio, editouse o 13 de marzo de 2015.

Discografía[editar | editar a fonte]

Anni B Sweet no Centro Cultural Carril del Conde, Madrid.

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

  • Start, Restart, Undo (Subterfuge, 28/04/2009)
  • Oh, Monsters! (Subterfuge, 24/04/2012)
  • Chasing Illusions (Subterfuge, 13/03/2015)
  • Universo por estrenar (2019)

EPs[editar | editar a fonte]

  • Ridiculous Games (2013)

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Angèle Leciel (29 de setembro de 2009). "Alondra Bentley / Ashfield Avenue". Jenesaispop. Consultado o 29 de setembro de 2009. 
  2. "Debate sobre el Estado de la Nación Pop". Jenesaispop. 13 de maio de 2009. Consultado o 5 de outubro de 2009. 
  3. Nacho Ruiz (3 de abril de 2009). "Una cantautora en su vida". El Mundo. Consultado o 6 de outubro de 2009. 
  4. Joan Vich Montaner (6 de abril de 2009). "El milagro de Lourdes". Público. Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2009. Consultado o 6 de octubre de 2009. “En su programa, ‘Disco Grande’, eligieron mi primera maqueta entre las mejores de 2006”. 
  5. Pilar Sanz (13 de xaneiro de 2009). "Alondra Bentley: buenos tiempos para el folk". 20 minutos. Consultado o 8 de outubro de 2009. 
  6. Lino Portela (28 de decembro de 2009). "Jóvenes, listos y taquilleros". El País. Consultado o 28 de decembro de 2009.