Dois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dois
OrixeVigo, Galicia Galicia
Período2014-presente
Xénero(s)pop lo-fi
Selo(s) discográfico(s)A Seara, Discos de Kirlian, Orphan Records
MembrosÓscar Raña
Guillermo Portas
José Fran Novoa
Na rede
Bandcamp

Dois é unha banda galega de pop lo-fi formada no ano 2014 en Vigo. Ata a data leva publicado o EP Dois EP (2014) e o álbum Está Bien (2017).

Historia[editar | editar a fonte]

Dois fundárona a mediados de 2014 en Vigo o guitarrista e vocalista Óscar Raña (Puma Pumku), o baixista Guillermo Portas e o batería José Fran Novoa. A finais dese ano gravaron nos estudos Favela os temas que formarían parte do seu traballo de estrea, Dois EP, editadoe casete por A Seara o 9 de decembro.[1][2]

O 16 de xaneiro de 2017 a banda publicou o seu primeiro álbum, Está Bien, a través dos selos Discos de Kirlian e Orphan Records. O disco foi gravado no estudio Terraforma do Hío por Ibán Pérez.[2][3]

No ano 2018 Dois achegou o tema "Dominguero" ao recompilatorio de bandas galegas Galician Bizarre III, lanzado o día 16 de setembro.[4]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo Notas
Dois EP 2014 A Seara EP
Está Bien 2017 Discos de Kirlian/Orphan Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dois EP by Dois". Bandcamp. Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Dois". La Fonoteca. Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  3. "Está Bien by Dois". Bandcamp. Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  4. "Galician Bizarre III by VV.AA". Bandcamp. Consultado o 31 de outubro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]