Boyanka Kostova (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boyanka Kostova
OrixeSantiago de Compostela, Galicia Galicia
Período2016-presente
Xénero(s)trap
Selo(s) discográfico(s)La Melona, Mushroompillow
MembrosCibrán García (Saibran Yiyi)
Chicho (O Chicho do Funk)
Na rede
Bandcamp
Facebook: BoyankAKostovAtrvp Youtube: UCn0uDIG6p3qO9gG-9gobffQ Bandcamp: boyankakostova Spotify: 1t9FF9ollviXoPRU4aMi4B Musicbrainz: 69b11967-22a9-47fa-85ed-7f30a2e90acd Discogs: 7011669 Deezer: 14408429 Editar o valor em Wikidata

Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.[1][2][3]

Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego. As súas cancións están cheas de retranca e unha grande esencia da música urbana.

Segundo Bernal Muíños:[4]

Definidos en moitas ocasións con etiquetas como "flow costumista" ou "twerking rural", son quen de rimar sobre as temáticas propias deste subxénero do hip hop, pero tamén escapan de todos os tópicos para tratar asuntos do rural galego, sempre cun toque humorístico e de retranca. As orixes do nome do grupo remóntanse a un día no que na televisión apareceu unha atleta búlgara de halterofilia, cun nome tan sonoro que se converteu tamén na marca do seu proxecto, Boyanka Kostova. Entre os seus traballos máis coñecidos están o EP Vella Canción Galega e os álbums Nova Canción Galega e Os Dous de Sempre, entre os que aparecen algúns dos seus temas de máis sona, como "Colacao", "Diego Tristán" ou "Muiñeira de Interior"

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo Notas
(Maqueta) 2016 autoeditado maqueta
Vella Canción Galega 2018 La Melona EP
Nova Canción Galega 2019 La Melona
Os Dous De Sempre 2020 Mushroompillow EP
RANAEIRA 2022 Mushroompillow
Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados 2023 Ernie Records
Foliada do inferno

Cara A: A resposta / Bo chaval / Comida, viño e cancións / Que che den polo cu / Todo me sabe a ti / Fóra da lei. Cara B: Doimakarra / Porralume / Italofeira / Foliada do inferno / Rayo solar

2024 Ernie Records EP

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Boyanka Kostova: O trap en galego chega a Riazor". Praza Pública. Consultado o 15 de novembro de 2018. 
  2. "Boyanka Kostova, el trap en gallego y el 'twerking' rural". El Confidencial. Consultado o 15 de novembro de 2018. 
  3. "Boyanka Kostova, el dúo pionero del trap en gallego". La Voz de Galicia. Consultado o 15 de novembro de 2018. 
  4. Muíños, Bernal (8 de xullo de 2021). "Máis música galega". Nós Diario: 7.