Bala (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bala
Bala banda.jpg
Bala no Surfing the Lerez Festival
OrixeA Coruña e Pontevedra, Galicia Galicia
Período2014 - presente
Xénero(s)stoner rock, grunge
Selo(s) discográfico(s)Matapadre
MembrosÁnxela Baltar
Violeta Mosquera
Páxina webhttp://somosbala.com/
A banda no Liceo Mutante en 2014

Bala é unha banda galega de stoner rock/grunge[1] composta pola coruñesa Ánxela Baltar (guitarra e voces) e a lucense Violeta Mosquera (batería e voces).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

As compoñentes de Bala xa tiñan experiencia en grupos como Calixta, Drama, Salvation Army e MLK antes de formar a banda no ano 2014.[2]

O 14 de setembro de 2015 publicaron o seu traballo de estrea, un álbum de sete temas chamado Human Flesh,[3] gravado no estudio Montealto da Coruña.[2] O 3 de marzo de 2017 editaron o seu último disco ata a data, Lume,[4] gravado en Cataluña,[2] ámbolos dous a través da discográfica compostelá Matapadre. En 2019 foron galardoadas co Premio Martín Códax da Música na categoría de rock.[5]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Human Flesh 2015 Matapadre
Lume 2017 Matapadre

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Desconcierto (ed.). "15 bandas gallegas para el 2015". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 5 de maio de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Biografía de Bala - La Fonoteca". lafonoteca.net. Consultado o 2020-02-02. 
  3. Bala (ed.). "Bala - Human Flesh". Consultado o 5 de maio de 2017. 
  4. Matapadre (ed.). "Bala - Lume". Consultado o 5 de maio de 2017. 
  5. "Premios Martín Códax 2019". Consultado o 27 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]