MounQup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
MounQup
Orixe Nantes, Francia / Galicia Galicia
Xénero(s) jazz, folk, electrónica
Selo(s) discográfico(s) Molho
Membros Camille Hédouin

MounQup é o proxecto musical da cantante e compositora franco-galega Camille Hédouin. Etiquetouse o seu estilo musical entre o jazz, a canción de autor e a música electrónica[1], se ben ela defínese como electrónica vocal rural[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Nantes (Francia)[3], logo de estudar Bioloxía chegou a Galicia en 2011 para colaborar na recuperación da aldea de Soumede, no concello da Bola[2]. Reside en Gontán (Verea)[4].

En 2017 recibiu o Premio Narf[5]. Nese mesmo ano presentou o seu primeiro disco, Proba de son, gravado por ela mesma e mesturado e masterizado polo batería de Belöp.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Proba de son (Molho, 2017)
  • Castro Verdi (Molho, 2018)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. MounQup, en No Todo, 23 de agosto de 2017 (en castelán).
  2. 2,0 2,1 "Mounqup, unha senlleira voz dende o rural ourensano", La Región, 24 de xaneiro de 2018.
  3. MounQup, en Ultrasónica.
  4. MounQup en SoundCloud.
  5. "Mounqup gaña o Premio Musical Narf 2017", Letra en Obras, 18 de setembro de 2017.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]