A súa discografía até o ano 2006 estaba formada basicamente por sinxelos e EP's, e foron seleccionados para varios recompilatorios. Un deses traballos colectivos e o tributo a Turbonegro en 2002, no que participan cunha versión en galego da canción "I fucked Betty Page". Nese mesmo ano editaron un vinilo titulado Machine in your brain, que foi reeditado en CD en 2006. No ano 2003 fixeron unha xira por Finlandia.
O seu primeiro traballo longo foi Alá vai!, no ano 2007. Nese mesmo ano versionaron para Manifesto Dobarrista, o disco colectivo tributo a Andrés do Barro, a súa canción "Homes". En marzo do 2008, e xunto con The Homens, unha banda amiga coa que comparten comezos, sacaron en vinilo o EP conxunto The Homens Vs. Samesugas, no que ambos os grupos intercambian versións e inclúen tamén temas novos.