Bifannah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bifannah
OrixeVigo, Galicia Galicia
Período2015-presente
Xénero(s)tropicalia, garage rock, rock psicodélico
Selo(s) discográfico(s)The John Colby Sect
MembrosAntía Figueiras
Antón Martínez
Guillermo V. Zapata
Pablo Valladares
Na rede
https://bifannah.bandcamp.com

Bifannah é unha banda galega de tropicalia procedente de Vigo. O grupo naceu no ano 2015 como un trío formado por Antía Figueiras (baixo, teclados e voz), Antón Martínez (batería e percusións) e Guillermo V. Zapata (guitarra e voz).[1] Tras a publicación do Bifannah EP en 2016 uníuselles Pablo Valladares (teclados e guitarra).[2]

Os seus temas están cantados en portugués e a banda ten influencias de artistas tanto brasileiros como portugueses dos anos 60 e 70.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Bifannah naceu a finais do ano 2015 formada Antón Martínez, Antía Figueras e Guillermo V. Zapata. Nese momento Antía e Guillermo vivían en Barcelona e Antón en Londres, aínda que os tres eran de Vigo.[2]

Tras compoñer varias cancións graváronas cando regresaron a Vigo polo Nadal, autoeditando posteriormente o Bifannah EP. Tras o lanzamento do traballo viron a necesidade dun novo membro para os concertos e na primavera de 2016 Pablo Valladares uniuse a eles.[2]

Tamén en 2016 asinaron co selo The John Colby Sect e lanzaron dous vídeos musicais, para os temas “Pior” e “Skeletor”.[1] O 22 de xuño de 2017 publicaron o seu álbum de estrea, Maresia, gravado por Ibán Pérez no Estudio Terraforma.[3]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Bifannah EP 2016 autoeditado
Maresia 2017 The John Colby Sect

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Biografía de Bifannah - La Fonoteca". lafonoteca.net. Consultado o 2019-03-27. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Bifannah". Notodo (en castelán). 2017-10-05. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-27. 
  3. "Maresia, by Bifannah". Bifannah. Consultado o 2019-03-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]