Sen Senra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sen Senra
Nome completoChristian Senra
Nacemento12 de decembro de 1995
Lugar de nacementoSan Miguel de Presqueiras
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncantante
Na rede
Facebook: sensenrajr Instagram: sensenra Youtube: UCeekSA3d_VPOjLbtw-i5AnA Spotify: 5lWasZeo8uWQk6GD8czJLq Musicbrainz: 14e3ab81-da70-4cb7-b73e-c50aeee3fa46 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Christian Senra, coñecido artisticamente como Sen Senra, nado en Presqueiras (Forcarei)[1] en 1995, é un músico galego de garaxe e estilos achegados.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criado en Vigo, fillo dunha empregada de froitería e dun obreiro da construción[2], xogou ao fútbol e comezou a tocar liderando a banda Demonhigh con compañeiros de instituto con quince anos.[1] Abandonou os estudos para dedicarse á música; cando comezou a desenvolver a súa carreira musical mudouse a Madrid (inicialmente ao barrio de Puente de Vallecas[2], e despois no céntrico barrio das Letras[2]).

O seu primeiro álbum, Permanent Vacation, publicouno en 2015: cantouno en inglés, e gravou el a voz e maila instrumentación. No segundo álbum, The Art of Self-Pressure, de 2017, cantou tamén en inglés temas de rhythm&blues e hiphop, e colaborou con Royce Rolo. Para o terceiro, Sensaciones, xa mudou ao español e supuxo o seu descubrimento no mercado en España, con varios millóns de reproducións online. Ao ano seguinte, en 2021, publicou Corazón Cromado, onde colaborou unha das figuras musicais daquela en España, C. Tangana e onde incorporou temas de reguetón[2]. A xira dese álbum levouno a dar concertos por toda España, e incluso chegou a meter 8000 persoas no escenario WiZink (Madrid) en xaneiro de 2022.

Sen Senra actuando no WiZink center en Madrid.

Do seu estilo teñen dito que é garaxe,[3] aínda que el o negue,[3] e que se move entre o R&B e o pop,[4] se ben tamén teñen sinalado que comparte moitos elementos da cultura do hiphop.[3] Téñeno comparado con Frank Ocean[4] ou Mac DeMarco.[5]

Ten colaborado con Royce Rolo (Banana Bahia), Julieta Venegas, C. Tangana cos integrantes de Novedades Carminha.

Discografía[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É o irmán da artista e deseñadora de táboas Vaas Senber.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Andrés Moreno (2018-06-26). "Sen Senra "Me gustaría hacer una película"". Iamhere Magazine (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2021. Consultado o 2020-01-23. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Marcos, Carlos (2022-01-13). "Sen Senra, el músico revelación ante el reto de su vida". El País (en castelán). Consultado o 2022-01-13. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Sen Senra". Notodo (en castelán). 2017-03-14. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2019. Consultado o 2020-01-23. 
  4. 4,0 4,1 "Sen Senra: la última sensación gallega". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-01-17. Consultado o 2020-01-23. 
  5. 5,0 5,1 Fariña, Noelia (2017-03-06). "El Mac DeMarco gallego no solo toca 'garage' riquiño". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-01-23.