Patti Smith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patti Smith
Patti Smith nun concerto en Finlandia no ano 2007
Nome completoPatricia Lee Smith
Data nacemento30 de decembro de 1946 (77 anos)
Nado enChicago, Illinois
CónxuxeFred Smith
FillosJackson Smith e Jesse Smith
Ocupacióncantautora, poeta, artista visual, Activista polos dereitos humanos, escritora, guitarrista, cantante, compositora, música, debuxante, fotógrafa, artista de performance, artista discográfico, rock singer e rock musician
Xéneropunk rock, rock alternativo
Instrumento(s)voz, guitarra, clarinete
Na rede
PattiSmith.net
IMDB: nm0005446 Allocine: 27188 Rottentomatoes: celebrity/patti_smith Allmovie: p127326 Metacritic: person/patti-smith TV.com: people/patti-smith-1
Facebook: 212587898832647 Instagram: thisispattismith MySpace: pattismith Youtube: UCZ75jeE46GMKNBvXXKiUCiA Souncloud: pattismithmusic Spotify: 0vYkHhJ48Bs3jWcvZXvOrP iTunes: 13762 Last fm: Patti+Smith Musicbrainz: d135874d-9cae-4fef-97e3-36acbd9f5a26 Songkick: 94437 Discogs: 193816 Allmusic: mn0000747445 WikiTree: Smith-137122 Deezer: 3307 Genius: Patti-smith Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Patricia Lee Smith, nada en Chicago (Illinois) o 30 de decembro de 1946, é unha cantautora e poeta estadounidense, máis coñecida como Patti Smith.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Definida como a madriña do punk, Patti Smith inventou unha nova definición do feminino: nas súas cancións, na súa poesía, proxectouse como lesbiana, andróxina, home, mártir, Deus-Muller.

En 1955, o mesmo ano no que nacía o rock and roll, a cantautora trasladouse a Nova Jersey. Súa nai era testemuña de Xehová, e seu pai ateo, un feito que a marcou profundamente, dándolle unha dobre visión de Deus, unha visión que percorre todo o seu traballo. Apaixonada pola vida e pola obra de Arthur Rimbaud e Jean Genet, en 1967 mudou a Nova York, onde coñeceu o pintor Robert Mapplethorpe, con quen viviu durante un tempo. Anos máis tarde, a cantautora trasladouse a París coa súa irmá, onde traballou nas rúas como performance artist. Durante os anos setenta foi abrindo camiño no mundo do teatro e da poesía underground mentres lles abría o pano a bandas como The New York Dolls, escribía cancións para Blue Oyester Cult, ou publicaba os seus primeiros poemas nun festival en honor a Rimbaud.

En 1975 e coa colaboración de John Cale, Patti Smith gravou o seu primeiro disco, Horses, un disco cuxa portada a constituía unha foto feita por Mapplethorpe, na que Smith non era nin home nin muller. Un ano despois aparecía o seu segundo traballo, Radio Ethiopia, no que mesturaba a linguaxe relixiosa co rock and roll e no que Genet era a súa máxima inspiración. Máis tarde virían Easter (1978) e Wave (1979).

Ata 1996 Smith estivo recluída en Detroit. Casada con Fred “Sonic” Smith, con quen tivo dous fillos, a cantautora decidiu editar en 1988 un disco dunha soa tirada, Dream of Live, ao que seguirían Gone Again en 1996, editado logo da morte do seu home; Peace and Noise en 1997; Gung Ho no 2000; Trampin' no 2004; e Twelve no 2007.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Horses 1975 Arista Records
Radio Ethiopia 1976 Arista Records
Easter 1978 Arista Records
Wave 1979 Arista Records
Dream of Life 1988 Arista Records
Gone Again 1996 Arista Records
Peace and Noise 1997 Arista Records
Gung Ho 2000 Arista Records
Trampin' 2004 Columbia Records
Twelve 2007 Columbia Records
Banga 2012 Columbia Records

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Seventh Heaven (1972). Poesía.
  • Witt (1973). Poesía.
  • Woolgathering (1992). Poesía.
  • Babel. Poesía. Ed. Anagrama, 1996.
  • The Coral Sea (1996). Poesía.
  • Strange Messenger, exposición de arte publicada como libro no 2003.
  • Auguries of Innocence (2005). Poesía.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Patti Smith. Dream of life [1]. Documental sobre a artista dirixido por Steven Sebring, quen filmou a artista durante once anos, desde 1996 a 2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]