Linda Guilala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linda Guilala
A banda en Bueu en 2014
OrixeVigo, Galicia Galicia
Período2005-presente
Xénero(s)indie rock, noise pop, shoegaze
Selo(s) discográfico(s)Elefant Records
MembrosIván González
Eva M. López
Mari Vázquez
Antigos membrosAlba
Bruno Mosquera
Na rede
Bandcamp

Linda Guilala é unha banda galega de shoegaze procedente de Vigo. O grupo formouse no ano 2005 e no presente está composto por Iván González (batería), Eva M. López (teclados e voz) e Mari Vázquez (guitarra). Ata a data Linda Guilala leva publicados dous álbums de estudio e dous EPs.

Historia[editar | editar a fonte]

Linda Guilala naceu no ano 2005 tras a separación da banda de Ponferrada Juniper Moon, na que tocaban o leonés Iván González (batería) e a ourensana Eva M. López (teclados). No ano 2006 publicaron a súa primeira maqueta coa axuda do baixista arxentino Ignacio Espumado, con quen comparten os arquivos a través de Internet.[1] Este traballo foi escollido segunda mellor maqueta do ano no programa de Radio 3 Disco Grande.[2]

O seu primeiro álbum, Bucles infinitos, chegou en 2009 editado a través de Elefant Records. O disco foi gravado no seu estudio de Vigo coa axuda de Alejandro Davila e Pancho Suárez de Lis.[1] Na súa xira de presentación tocaron no festival inglés Indietracks e no Primavera Sound de Barcelona.[2] Nesa época actuaban como dúo, encargándose Eva dos teclados e Iván da guitarra, acompañados de sons pregravados.[3]

En 2011 lanzaron o EP de catro temas Paranormal, tamén a través de Elefant. O traballo foi gravado no seu estudio de Vigo, Kaiju Studios. Nesa época entrou na banda Alba para as súas actuacións ao vivo, tocando o baixo e a guitarra.[1]

Durante un tempo a banda, principalmente Eva,[3] dedicouse a producir no seu estudio a grupos como Axolotes Mexicanos, When Nalda Became Punk e Los Bonsáis, ademais de tocar con Apenino. En 2014 publicaron un novo EP de seis cancións, Xeristar (Elefant), co apoio de Bruno Mosquera (The Blows, The Cobras) nas guitarras.[1] Mosquera deixou a banda debido a diferenzas sobre a forma de levar o proxecto.[3]

O seu segundo álbum, Psiconáutica, apareceu o 10 de xuño 2016 da man de Elefant Records.[4] Para os seus directos Linda Guilala fichou á guitarrista pontevedresa Mari Vázquez.[1][3]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo Notas
Bucles infinitos 2009 Elefant Records
Paranormal 2011 Elefant Records EP
Xeristar 2014 Elefant Records EP
Psiconáutica 2016 Elefant Records

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Linda Guilala". La Fonoteca. Consultado o 21 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Acerca de Linda Guilala". Facebook. Consultado o 21 de outubro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Leyenda, Alberto. "Linda Guilala: “Preferimos pertenecer a una escena global que empeñarnos en gustar en España”". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-12-31. 
  4. "La psicodelia impresionista de Linda Guilala en ‘Cosas nuevas’". Jenesaispop. Consultado o 21 de outubro de 2018.