Nastasia Zürcher
Nastasia Zürcher | |
---|---|
Nacemento | 26 de xuño de 1988 |
Lugar de nacemento | Xenebra |
Nacionalidade | Suíza |
Ocupación | cantante |
Na rede | |
http://www.nastasiazurcher.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Nastasia Zürcher, nada en Xenebra o 26 de xuño de 1988, é unha vocalista e compositora galega-suíza. Reside en Galicia desde o ano 2000.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 2015 publica o seu álbum debut My Flight. En 2016 obtivo o Premio Martín Codax da Música na categoría Blues/Funk/Soul.
No 2017 publica o seu segundo álbum de estudio, Beat, composto unha vez máis por temas propios e baixo a produción do compositor e arranxista galego Adrián Saavedra. No 2018 é novamente finalista nos Premios Martín Codax na categoría de Músicas do Mundo facendo honor a variedade de estilos que conflúen nas súas obras.
Participou en 2018 en diferentes festivais como o Elas Son Artistas, o Noroeste, ou o Solpores no Gaiás. Tamén nese ano participou representando Galicia no festival Liet Internacional en Holanda co seu tema "Espertos", co que gañou o premio dos músicos e quedou no segundo posto da clasificación xeral.[1]
No 2022 publicou o seu terceiro álbum But Life Is Beauty Full.
Discografía[editar | editar a fonte]
- My Flight (2015)
- Beat (2017)
- But Life Is Beauty Full (2022)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Nastasia Zürcher volta con premio para Galicia do festival Liet Internacional". Cultura Galega. 28 de maio de 2018. Consultado o 30 de maio de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Nastasia Zürcher: la conexión suizo-galaica". Muzikalia (en castelán). 7 de novembro de 2016..
- "Nastasia Zürcher". Galician Tunes.