Swans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Swans
Swans warsaw 10 12 2010 poland m kutera.jpg
Swans en Varsovia no ano 2010
Orixe Nova York, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período 1982 - 1997
2010 - presente
Xénero(s) avant-garde music, post-punk, rock experimental, art rock, noise rock, música industrial, rock industrial, post-rock, No Wave
Selo(s) discográfico(s) Young God, Neutral Records, Homestead, Caroline/Virgin/EMI, Uni/MCA, Invisible, Atavistic
Membros Michael Gira
Norman Westberg
Christoph Hahn
Phil Puleo
Chris Pravdica
Thor Harris
Antigos membros Jarboe
Vinnie Signorelli
Jonathan Kane
Sue Hanel
Dan Braun
Bob Pezzola
Daniel Galli-Duani
Harry Crosby
Roli Mosimann
Algis Kizys
Ted Parsons
Clint Steele
Bill Bronson
Stevie McAllister
Kristof Hahn
Ivan Nahem
Ronaldo Gonzalez
Jon Tessler
Bill Rieflin

Swans é unha influente banda estadounidense de rock experimental, activa inicialmente de 1982 a 1997, e liderada polo vocalista, compositor e multiinstrumentista Michael Gira. Foi un dos poucos grupos que emerxeu da escena no wave de Nova York de principios dos 80 e permaneceu intacto ata a seguinte década. A banda destacou polas súas voces e a súa estraña instrumentación e contribuíu ao desenvolvemento de xéneros como o noise rock, o post-punk, a música industrial e o post-rock. Tras o ingreso do cantante, compositor e teclista Jarboe, que apareceu por primeira vez no sinxelo de 1986 "Time Is Money (Bastard)" e estreouse como compositor no álbum de 1987 Children of God, Swans comezou a incorporar máis melodía e complexidade á súa música. A banda disolveríase no ano 1997, permanecendo como únicos membros constantes durante esa época Gira e Jarboe.

En xaneiro do ano 2010 Michael Gira reactivou Swans sen Jarboe e comezou a traballar nun novo álbum, My Father Will Guide Me Up a Rope to the Sky. Gira conseguiu unha serie de membros estables cos que comezou a xirar por todo o mundo e cos cales editou unha serie de traballos aclamados pola crítica.[1] Con estes músicos a banda realizou os seus últimos concertos en novembro de 2017, ao finalizar a xira de promoción do seu álbum The Glowing Man. Despois Gira ten a intención de reinventar Swans con outros músicos.[2]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Filth 1983 Labour Records
Cop 1986 K.422
Greed 1986 K.422
Holy Money 1986 K.422
Children of God 1987 Caroline
The Burning World 1989 Uni/MCA Records
White Light from the Mouth of Infinity 1991 Young God Records
Love of Life The Great Annihilator Young God Records
The Great Annihilator 1995 Young God Records
Soundtracks for the Blind 1996 Atavistic
My Father Will Guide Me Up a Rope to the Sky 2010 Young God Records
The Seer 2012 Young God Records
To Be Kind 2014 Young God, Mute
The Glowing Man 2016 Young God, Mute

EPs[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Swans 1982 Labor
Young God 1984 K.422
Love Will Tear Us Apart 1988 Product Inc.
Die Tür ist zu 1996 Rough Trade/Revolver
Oxygen 2014 Young God/Mute

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Metacritic (ed.). "Swans". Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  2. Facebook (ed.). "Últimos concertos". Consultado o 27 de decembro de 2017.