Brais Morán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Brais Morán
Nacemento17 de maio de 1983
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico
editar datos en Wikidata ]

Brais Morán Mato[1], nado en Ourense o 17 de maio de 1983[2], coñecido artisticamente como Brais Morán, é un guitarrista e vocalista galego de pop.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Historia da arte e mestrado en Museoloxía e Crítica Contemporánea, Morán iniciou a súa carreira musical en 1997 tocando a guitarra eléctrica en Zumbido, aínda que non foi membro estable deste grupo de punk rock experimental[3].

Despois, en 2005, foi un dos fundadores e integrantes de Loretta Martin, unha banda de funk coa que editou tres discos.

En 2015 editou en solitario Cruzando o eclipse, e en 2018 o seu segundo álbum, No Mato do desespero. Di de si mesmo que ten influencias do rock, o funk, a música brasileira, a música africana e a tradición galega[4]. Tamén recoñece influencias de Narf[5].

Obra[editar | editar a fonte]

Cos Loretta Martin[editar | editar a fonte]

En solitario[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está establecido en Perillo e ten parentes en Ponteceso[6]. Dá clases de música[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Brais Morán: «Miña música non é nada rexionalista»". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-04-26. Consultado o 2018-04-29. 
  2. Región, La. "Los paseos en la Alameda". La Región (en castelán). Consultado o 2018-04-29. 
  3. "Zumbido | Jamendo Music | Free music downloads". Jamendo Music (en inglés). Consultado o 2018-04-29. 
  4. "Brais Morán inicia a xira de presentación de 'No mato do desespero', o seu segundo disco en solitario - Praza Pública". Praza Pública. Consultado o 2018-04-29. 
  5. "«A Costa da Morte toca no corazón»". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-04-26. Consultado o 2018-04-29. 
  6. 6,0 6,1 "Entrevista a Brais Morán". iVoox (en castelán). Consultado o 2018-04-29.