A banda non foi coñecida sempre por este nome, sendo coñecidos anteriormente como "(The) Pride", antes de cambiar de compoñentes e renombrarse "Snowfield". Mantiveron este nome ata a súa fichaxe pola discográfica Kitchenware Records en setembro de 2004.
O primeiro sinxelo da banda, "Bullets", foi lanzado nunha edición limitada de 500 copias pola compañía Kitchenware Records o 24 de xaneiro de 2005; rapidamente gañou espazo en emisoras de radio como Xfm e 6 Music. A medida do lanzamento de novos sinxelos a banda foi creándo a súa propia lexión de seguidores.
O tema "French Disko", na cara b do sinxelo "Munich", é unha versión dun tema de Stereolab. "The Back Room" foi lanzado nos Estados Unidos o 21 de marzo de 2006. O primeiro single no país norteamericano foi Munich, que tamén recibiu o apoio de numerosas emisoras estadounidenses do mesmo xeito que en Gran Bretaña.
Como mostra do éxito que está tendo o grupo fóra da Gran Bretaña, Editors foron invitados a tocar en 2006 en festivais como Coachellla, Lollapalooza ou Benicassim.